O consumo de drogas constitúe un dos problemas máis importantes aos que se enfronta a sociedade actual, pola súa extensión e graves consecuencias a nivel individual, familiar e social.

O PLDA de Vigo desenvolve, mediante colaboración entre as administracións e as diversas entidades que traballan no ámbito das adiccións, un conxunto de programas e intervencións estructuradas, planificadas e coordinadas para o abordaxe desta complexa problemática na nosa cidade.

Esta web quere ser un punto de referencia para informarse, participar e acceder a unha ampla variedade de recursos dispoñibles en Vigo para atender as diferentes necesidades en materia de condutas adictivas.
 

EVENTOS DE INTERESE

Noticias

  • 24
    NOV
    2017
    Campaña de concienciación social que pretende, a través da difusión das 10 principais controversias sobre adiccións e enfermidades mentais, aclarar os mitos e prexuízos ao redor da patoloxía dual (denominación que designa a existencia dun trastorno  adictivo e outro trastorno mental, cuxa prevalencia en España é superior ao 50% entre os pacientes que acoden a centros de saúde mental e/ou adiccións).

    Foi organizada pola Fundación de Patología Dual, en colaboración coa Confederación SALUD  MENTAL ESPAÑA e a Plataforma Madrileña de Entidades Para la Asistencia a la Persona  Adicta y su Familia (Fermad), e contou co financiamento do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
  • 22
    NOV
    2017
    Páxina web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que ofrece información crave sobre os efectos do consumo de alcol na mocidade. Está dirixida a persoas mozas e adolescentes, pais e nais, profesionais sanitarios, e profesorado. Contén estudos, documentos crave, lexislación e políticas de alcol, información sobre eventos, etc.

  • 16
    OCT
    2017
    O Foro Galego de Estudo da Personalidade (FGEP) informa que se viu obrigado a postergar a celebración das XI Xornadas de Actualización en Personalidade, que ían celebrarse en Vigo os próximos días 20 e 21 de outubro no Hospital Álvaro Cunqueiro. Por este motivo, durante 2018 celebraranse 2 encontros: o primeiro os días 16 e 17 de febreiro, coa temática prevista no programa de 2017 "Os TP no século XXI" e o segundo, os días 16 e 17 de novembro, coa temática de "DBT: As miñas supervisións con Marsha Lineham" 

  • 04
    OCT
    2017
    Xa está aberto o prazo de matriculación para a terceira edición do Curso de Formación de Mediadores para o Apoio a Persoas con VIH que se impartirá na UNED en colaboración coa Sociedade Española Interdisciplinaria da Sida (SEISIDA) e a Coordinadora Estatal de VIH-Sida (CESIDA). O curso, dotado de 18 créditos e que outorga unha titulación de Experto Profesional, ofrece unha formación para mellorar a capacidade e as habilidades daquelas persoas que estean interesadas en ofrecer apoio a persoas con VIH de forma profesionalizada e como elemento complementario aos profesionais que atenden a súa saúde. 
    Este curso diríxese a formar a mediadores co fin de que faciliten condutas de saúde e presten apoio social a persoas con VIH. Toda a información está dispoñible nesta ligazón:
  • 29
    AGO
    2017
    Un estudo realizado pola Unión de Asociacións e Entidades de Atención ao Drogodependente (UNAD), sobre os datos das 56.160 persoas atendidas durante 2016 nas 158 organizacións desta rede, indica que o alcol foi a droga máis consumida polas persoas atendidas e que as mulleres que solicitaron axuda para deixar esta sustancia (31%) superaron por primeira vez aos homes (27%) que acudiron a consulta.

Ler máis novas

  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.