Prevención > Programa de prevención de conductas adictivas do PLDA >
Ámbito laboral
 
Existe unha evidencia clara de que a prevalencia de consumo das distintas drogas, legais e ilegais, entre as persoas traballadoras supera a rexistrada entre o conxunto da poboación xeral. Isto débese a que sobre as persoas traballadoras converxen, ademais de diversos factores de risco extralaborais (de carácter persoal, familiar e social), outros directamente relacionados coa actividade laboral.
 
As actividades preventivas a desenvolver con esta poboación, tal como propón o Plan Nacional sobre Drogas, deben incardinarse como parte do desenvolvemento da Lei de prevención de riscos laborais.
 
A implementación das accións preventivas neste ámbito require a implicación tanto das empresas como dos e das traballadoras e a súa representación sindical (comités de empresa), conxuntamente cos servizos de prevención de riscos laborais.
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.