Novas

  • 04
    ABR
    2019
    Manuel Isorna, Doutor en Psicoloxía e profesor da Universidade Vigo, publica un artigo de opinión na web de Socidrogalcohol no que reflexiona sobre o fenómeno de captura corporativa da saúde pública, referido a cando as políticas afectan a determinantes comerciais da saúde como, por exemplo, o alcol, os alimentos ultraprocesados, o tabaco, as bebidas azucradas ou o cannabis, entre outros.
  • 20
    MAR
    2019
    A Fundación Érguete Integración ofrece un servizo de atención directa e individualizada, co obxectivo de detectar necesidades, estudar casos concretos, valorar demandas e levar a cabo unha intervención baseada na información, asesoramento, mediación, atención, tramitación e acompañamento ás mulleres, así como ás vítimas de violencia de xénero, para facer unha intervención global que permita a consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.
  • 22
    MAR
    2019
    O vindeiro luns, 25 de marzo, dará comenzo esta iniciativa organizada pola Fundación Érguete-Integración que xurde co obxectivo de axudar a mellorar a situación persoal das mulleres, reflexionando sobre actitudes, habilidades, roles e estereotipos. Fomentarase a autonomía, así como o empoderamento, que lles permita gañar a confianza necesaria para que se convertan en protagonistas activas do seu propio proceso de integración social e laboral.
     
     
    Máis información
  • 05
    MAR
    2019
    A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan diversas actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres: proxección de filmes, recital aberto de poesía de xénero con Iolanda Zúñiga, entrega do VII premio de Igualdade Ernestina Otero a Mª Xosé Queizán, visita guiada ao Roteiro feminino Sons de Mulleres a cargo de María Casar, actuación musical do grupo "Habelas Hainas", contacontos de igualdade a cargo de Paula Carballeira, pleno específico do Consello Municipal da Muller, etc.


  • 14
    FEB
    2019
    O día 9 de xaneiro lanzouse a nova campaña de sensibilización da FAD, co obxectivo de desmontar diferentes estereotipos que condicionan a mirada adulta sobre a xuventude. Estereotipos que, grazas ás investigacións realizadas polo Centro Reina Sofía da  FAD, sabemos que non son certos como, por exemplo, que non se comprometen socialmente; que non se esforzan, nin estudan, nin traballan;  ou que dedican todo o seu lecer a saír de festa, " desfasar” e consumir drogas.
  • 27
    FEB
    2019
    O vindeiro día 15 de marzo celebrarase un World Café en Vigo co tema "Liderado das mulleres e corresponsabilidade” como eixo central. Esta actividade enmárcase dentro do programa "Terceiro sector en Igualdade”, financiado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e está organizado pola Federación de Mujeres Progresistas, coa colaboración da Fundación Érguete Integración, co obxectivo de promover a incorporación da perspectiva de xénero a todos os niveis nas entidades do Terceiro Sector.
  • 25
    FEB
    2019
    Desde a súa constitución, o 4 de novembro de 1999, a Fundación Érguete-Integración vén traballando de forma ininterrompida para o apoio, axuda e asistencia ás persoas máis desfavorecidas no seu camiño á incorporación laboral e social, no intento de mellorar a situación daquelas persoas que pertencen aos colectivos máis vulnerables, a través de accións que fomentan a formación profesional, ocupacional e prelaboral, a reeducación, a incorporación social e laboral e a alfabetización.
  • 13
    FEB
    2019
    Abel Caballero presenta no Auditorio Municipal as xornadas técnicas de formación e dinamización para a prevención de condutas adictivas , organizadas polo PLDA, donde expertos e técnicos debaterán sobre as adiccións de todo tipo, incluídas as novas que están empezando, relacionadas coas novas tecnoloxías.
  • 07
    FEB
    2019
    Xa está aberto o prazo de inscrición para a IV edición ÉRGUETE E CORRE que se celebrará en Vigo o próximo día 31 de marzo de 2019. Como xa é habitual a actividade estará composta por distintas probas, con obxecto de facilitar a máxima participación. Ao finalizar, master class zumba, sorteo de agasallos e, por suposto, avituallamiento, mochilas e camisetas para todas as persoas participantes. As 100 primeiras inscricións entrarán no sorteo dunha noite de hotel nun establecemento da marca Galicia Calidade.
  • 15
    DIC
    2018
    A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas publicou o seu Plan de Acción sobre Adiccións 2018 - 2020, para o desenvolvemento da Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017 - 2024. O documento contempla 112 actividades que pretenden materializar 36 accións estratéxicas, distribuídas en 13 áreas de actuación.
     

1  | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |   ...  14  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.