Novas >

Curso de Formación de Mediadores para o Apoio a Persoas con VIH

04
OCT
2017

Curso de Formación de Mediadores para o Apoio a Persoas con VIH



Xa está aberto o prazo de matriculación para a terceira edición do Curso de Formación de Mediadores para o Apoio a Persoas con VIH que se impartirá na UNED en colaboración coa Sociedade Española Interdisciplinaria da Sida (SEISIDA) e a Coordinadora Estatal de VIH-Sida (CESIDA). O curso, dotado de 18 créditos e que outorga unha titulación de Experto Profesional, ofrece unha formación para mellorar a capacidade e as habilidades daquelas persoas que estean interesadas en ofrecer apoio a persoas con VIH de forma profesionalizada e como elemento complementario aos profesionais que atenden a súa saúde. 
Este curso diríxese a formar a mediadores co fin de que faciliten condutas de saúde e presten apoio social a persoas con VIH. Toda a información está dispoñible nesta ligazón:
SEISIDA e CESIDA ofrecen bolsas de matrícula para a realización do Curso de Formación de Mediadores para o Apoio a Persoas con VIH, organizado pola UNED durante o curso 2016-2017 (convócanse de forma inicial 30 bolsas que poderán ser ampliadas se se recibe financiamento adicional solicitado). O equipo organizador do programa de bolsas terá en especial consideración aquelas solicitudes de persoas que realicen labores de atención directa ás persoas con VIH ou sida tanto no ámbito comunitario como no hospitalario. A concesión das axudas terá unha adecuada repartición xeográfica e balance de xénero.
As persoas interesadas en pedir unha destas bolsas deberán enviar debidamente cumprimentado en formato PDF ou WORD o documento de solicitude de bolsa para o Curso de Formación de Mediadores para o Apoio a Persoas con VIH (curso 2016-2017) que podes descargarche aquí. A dirección de correo electrónico onde se deben enviar as peticións é seisida@seisida.net
O prazo para solicitar unha bolsa termina o 31 de outubro de 2017. Non se terán en consideración as solicitudes recibidas fóra de prazo. A listaxe coa resolución de bolseiros/as publicarase o día 15 de novembro nas páxinas web de CESIDA e SEISIDA.
SEISIDA poñerase en contacto cos/as alumnos/as bolseiros/as e realizará os trámites oportunos para a súa matriculación na UNED. Para calquera dúbida podedes enviar un correo electrónico á seguinte dirección: seisida@seisida.net co asunto dubida bolsa.
Orientado a todas as persoas interesadas no apoio a persoas con VIH, especialmente a aquelas que desde o ámbito das entidades sen ánimo de lucro actúan como mediadoras na saúde e o apoio social deste colectivo, o curso ofrece unha formación para mellorar a capacidade e as habilidades daquelas que estean interesadas en ofrecer apoio a persoas con VIH de forma profesionalizada e como elemento complementario aos profesionais que atenden a súa saúde.da y como elemento complementario a los profesionales que atienden su salud.
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.