Novas >

Xa dispoñible o informe anual do Observatorio Español da Droga e as Toxicomanías ( OEDT)

27
DIC
2017

Xa dispoñible o informe anual do Observatorio Español da Droga e as Toxicomanías ( OEDT)



O informe anual do Observatorio Español de la Droga y las Toxicomanías (OEDT) recolle que, segundo datos correspondentes á enquisa sobre Alcol e Drogas en España (EDADES) de 2015, as drogas con maior prevalencia de consumo, nos últimos 12 meses, son o alcol (77,6%), o tabaco (40,2%) e os hipnosedantes (12,0%), seguidos do cannabis (9,5%) e a cocaína (2,0%).
 

A idade de inicio no consumo mantense estable. O inicio máis precoz é para o tabaco e as bebidas alcohólicas (17 anos), seguido do cannabis (18 anos). O máis tardío segue sendo o dos hipnosedantes (36 anos). As prevalencias de consumo son maiores no grupo de 15 a 34 anos, salvo no caso dos  hipnosedantes, cuxo uso se incrementa a partir dos 35 anos. Mantense un maior consumo entre os homes (excepto para os hipnosedantes). Estas diferenzas acentúanse no caso da cocaína, onde a proporción de homes triplica á das mulleres, e no do cannabis, que rexistra unha diferenza de case 8 puntos porcentuais.

Os datos da Enquisa sobre uso de Drogas en Ensinos Secundarios en España ( ESTUDES) de 2014, As drogas máis consumidas polos mozos (14-18 anos) son as legais (alcol e tabaco), seguidas do cannabis. O consumo de drogas legais está máis estendido entre as mulleres e o consumo de todas as drogas ilegais está máis estendido entre os homes. A idade media de inicio no consumo sitúase entre os 13 e os 16 anos e obsérvase unha tendencia estable na evolución. En todas as substancias, as prevalencias de consumo aumentan coa idade.
 
 
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.