Novas >

Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024

09
FEB
2018

Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024



O Goberno aprobou a primeira Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024, na que se priorizarán actuacións sobre os menores, as mulleres, e os  maiores de 64 anos. Unha das principais novidades é a introdución de actuacións fronte ás chamadas "adiccións sen substancia”, como as novas tecnoloxías, o xogo e os videoxogos.
No noso país, o 18% da poboación adolescente e mocidade entre 14 e 18 anos usa de maneira abusiva as tecnoloxías e un 44,8% das persoas con problemas de xogo iniciouse antes dos 18. Por iso, contémplanse accións de atención integral e coordinada, así como de prevención, para limitar o acceso de menores a determinadas condutas, como o xogo, ou aumentar a súa percepción de risco. En canto aos consumos por parte de menores de idade e xente nova, a Estratexia priorizará os efectos sobre a saúde do consumo de alcol, especialmente de menores. Diminuír o consumo de alcol en menores e atrasar a súa idade de inicio, continúa sendo un dos maiores retos, xa que un 31,9% do estudantado de ensinos secundarios de 14 a 18 anos realiza un consumo de risco de alcol en fin de semana; ademais, case o 80% da mocidade consumiu alcol antes dos 18 anos. De todas as substancias que poden xerar adicción, o alcol é a que produce maiores efectos negativos tanto sobre o que o consome como sobre terceiros. Doutra banda, farase énfase na mellora do acceso ao tratamento da muller, que adoita atrasarse por atopar máis barreiras para o acceso á atención e incorporación social, especialmente en mulleres con responsabilidades familiares en situación de consumo. Preténdese impulsar a formación de profesionais no enfoque de xénero e priorizarase a existencia de persoal formado nesta materia nos dispositivos de atención. Tamén se traballará con maior profundidade no consumo e a adicción a  hipnosedantes, únicas substancias que en España presentan unha prevalencia maior en mulleres que en homes. Ademais, por primeira vez, vai poñer o foco nas persoas maiores de 64 anos, consumidoras crónicas da época dos 80 e 90 co obxectivo de coñecer as súas actuais necesidades e contribuír á súa plena integración.

Ler máis
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.