Novas >

2º Concurso escolar de prevención de condutas adictivas

14
FEB
2018

2º Concurso escolar de prevención de condutas adictivas



O PLDA de Vigo convoca o 2º concurso escolar de prevención de condutas adictivas, dirixido ao alumnado de 6º curso de EP e 2º e 4º cursos da ESO, coa finalidade de crear eslogans que fomenten o lecer saudable para previr o consumo de drogas e a súa utilización como parte dunha futura campaña de prevención de drogodependencias.
Entre os seus obxectivos, preténdese traballar conxuntamente cos centros de ensino establecendo un espazo común para a formación e prevención, sensibilizar aos/ás estudantes respecto ás consecuencias do consumo de drogas e fomentar o lecer saudable, fomentar a participación activa da xuventude na prevención do consumo de drogas, e desenvolver a comunicación, a capacidade de síntese, a creatividade e orixinalidade do alumnado participante.
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.