Novas >

The Real Young. Sensibilización para a xuventude e en dixital

14
FEB
2019

The Real Young. Sensibilización para a xuventude e en dixital



O día 9 de xaneiro lanzouse a nova campaña de sensibilización da FAD, co obxectivo de desmontar diferentes estereotipos que condicionan a mirada adulta sobre a xuventude. Estereotipos que, grazas ás investigacións realizadas polo Centro Reina Sofía da  FAD, sabemos que non son certos como, por exemplo, que non se comprometen socialmente; que non se esforzan, nin estudan, nin traballan;  ou que dedican todo o seu lecer a saír de festa, " desfasar” e consumir drogas.
The RealYoung (therealyoung.com). É unha campaña histórica para  FAD xa que por primeira vez trátase dunha campaña que fala especificamente do desenvolvemento xuvenil, dirixida só a mozos/as (15-24 anos) e completamente dixital.

Máis información
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.