Prevención >

Programa de prevención de conductas adictivas do PLDA

A prevención de condutas adictivas é unha das principais áreas de traballo do III PLDA 2011-2016 de Vigo.


O PROXECTO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS E CONDUTAS ADICTIVAS NO EIDO LOCAL DE CONCELLO DE VIGO é resultado do traballo conxunto coas entidades colaboradoras do PLDA para desenvolver unha estratexia común e integral de prevención de condutas adictivas na cidade, baseada nas directrices da Guía de procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas (Xunta de Galicia, 2008) e os Instrumentos para a avaliación dos programas incluídos na carteira de servizos en materia de prevención de drogodependencias (Xunta de Galicia, 2011) 
 
A oficina do PLDA - equipo de prevención, encárgase de xestionar o plan integral de prevención de condutas adictivas para a cidade de Vigo, cos obxectivos seguintes:
  • Detectar necesidades de intervención
  • Deseñar e elaborar programas de prevención
  • Difundir a oferta preventiva
  • Distribuír e coordinar a execución de programas
  • Avaliar resultados
 
A súas funcións específicas adáptanse ao establecido no artigo 5 da Orde de 2 de xuño de 2015 (D.O.G 112).
 

ACTIVIDADE PROGRAMADA PARA O PERIODO 2015 – 2017
 
  • "Programa de prevención do consumo de drogas no ámbito educativo. PPCDE” (prevención universal)
  • "Información - sensibilización" (prevención universal)
  • "Cine e saúde” (prevención universal)
  • "Non pasa nada, ¿pasa algo?” (prevención selectiva)
  • "Odisea" (prevención selectiva)
 
  • "Máis que un teito” (prevención universal)
  • "En familia todos contan” (prevención selectiva)
  • "Entre todos” (prevención indicada)
 
  • "Activa” (prevención universal)
  • "Cambio de sentido” (prevención do consumo de alcohol e outras drogas na conducción de vehículos)
 
  • "Ao alcance” (prevención universal do consumo de drogas no ámbito laboral)
 
  • "Penélope” (prevención do consumo de drogas en clave de xénero)
  • "Información/ sensibilización sobre drogas” (prevención universal)
  • "Formación de mediadores/as sociais en prevención”
 
Máis información na oficina técnica do PLDA
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.