O consumo de drogas constitúe un dos problemas máis importantes aos que se enfronta a sociedade actual, pola súa extensión e graves consecuencias a nivel individual, familiar e social.

O PLDA de Vigo desenvolve, mediante colaboración entre as administracións e as diversas entidades que traballan no ámbito das adiccións, un conxunto de programas e intervencións estructuradas, planificadas e coordinadas para o abordaxe desta complexa problemática na nosa cidade.

Esta web quere ser un punto de referencia para informarse, participar e acceder a unha ampla variedade de recursos dispoñibles en Vigo para atender as diferentes necesidades en materia de condutas adictivas.
 

EVENTOS DE INTERESE

Noticias

  • 19
    SEP
    2018
    Despois de 28 anos traballando no apoio a familias e pacientes, a Asociación Alborada organiza un ano máis as súas Xornadas formativas sobre adiccións que se desenvolverá un sábado ao mes, desde o próximo 22 de setembro, na sala de seminarios do Teatro Afundación de Vigo, con horario de 11:00 a 13:30 horas.
  • 13
    SEP
    2018
    Aberto o prazo de inscrición para participar na 8ª Xornada de Neuropsicoloxía e Rehabilitación Neurocognitiva en Drogodependencias que se celebrará en Vigo o próximo 26 de outubro. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse na web do PLDA ata o 15/10/18. O prazo para presentar comunicacións é ata o 30/09/18.



  • 11
    SEP
    2018
    A Asociación Gallega de Psiquiatría celebrará en Vigo o seu XX Curso de investigación en psiquiatría que se desenvolverá no salón de actos do hospital Álvaro Cunqueiro os próximos 28 e 29 de setembro.


  • 03
    SEP
    2018
    A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas convoca anualmente axudas económicas a Entidades Privadas sen fins de lucro de ámbito estatal, con cargo ás partidas asignadas a este fin nos Orzamentos Xerais do Estado e con cargo ao Fondo de Bens Comisados por tráfico de drogas e outros delitos relacionados.

  • 03
    SEP
    2018
    A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas acaba de publicar a súa convocatoria anual para proxectos de investigación. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 1 de outubro.

  • 30
    AGO
    2018
    A organización do 1º Congreso Internacional sobre o Cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei, celebrado o pasado mes de novembro de 2017 en Catoira, acaba de publicar o libro de actas editado a partir dunha selección das comunicacións orais e póster presentados ao evento. No libro recóllense 25 estudos de diferentes grupos de investigación, sobre aspectos sanitarios, culturais, económicos e sociais/antropolóxicos do consumo do cannabis.
  • 28
    AGO
    2018
    O consumo de tabaco, alcol e outras drogas constitúen os principais factores de risco de anos perdidos por enfermidade ou morte prematura en homes, segundo un estudo sobre datos de 2016. No caso das mulleres, estes factores ocupan as posicións quinta e sexta, por detrás do índice de masa corporal elevado, presión sistólica elevada, riscos relacionados coa dieta e glicosa plasmática en xaxún elevada.
  • 01
    AGO
    2018
    María Azucena Martí Palacios foi nomeada nova delegado do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Martí substitúe no cargo a Francisco de Asís Babín Vich, quen fora director do Instituto de Adiccións da Cidade de Madrid-Madrid Saúde.
  • 28
    MAY
    2018
    Dada a importancia da educación como ferramenta para a prevención e a excelente acollida da experiencia desenvolvida o ano pasado, a Asociación Érguete organiza a II Viaxe Educativa - unha educación diferente é posible, dirixido a familias, profesionais e estudantes do campo da educación e da prevención de condutas  adictivas ou de risco.

    Máis información
  • 07
    MAY
    2018
    Os grupos de Psiquiatría e Neurología do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur colaboran con CEDRO e outras Unidades Asistenciais de Drogodependencias de Galicia e norte de Portugal nun proxecto financiado polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade.
     
     
     
     
     
  • 09
    FEB
    2018
    O Goberno aprobou a primeira Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024, na que se priorizarán actuacións sobre os menores, as mulleres, e os  maiores de 64 anos. Unha das principais novidades é a introdución de actuacións fronte ás chamadas "adiccións sen substancia”, como as novas tecnoloxías, o xogo e os videoxogos.

Ler máis novas

  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.