O consumo de drogas constitúe un dos problemas máis importantes aos que se enfronta a sociedade actual, pola súa extensión e graves consecuencias a nivel individual, familiar e social.

O PLDA de Vigo desenvolve, mediante colaboración entre as administracións e as diversas entidades que traballan no ámbito das adiccións, un conxunto de programas e intervencións estructuradas, planificadas e coordinadas para o abordaxe desta complexa problemática na nosa cidade.

Esta web quere ser un punto de referencia para informarse, participar e acceder a unha ampla variedade de recursos dispoñibles en Vigo para atender as diferentes necesidades en materia de condutas adictivas.
 

EVENTOS DE INTERESE

Noticias

  • 01
    DIC
    2022
    Como cada 1 de decembro, persoas de todo o mundo axuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional fronte a pandemia.
    O slogan de ONUSIDA para este ano é «Igualdade Xa» e supón unha chamada á acción. Pretende impulsarnos a traballar en todas aquelas accións prácticas que se demostrou que son necesarias para abordar as desigualdades e axudar a poñer fin á sida.
  • 10
    OCT
    2022
    Como cada 10 de outubro, desde 1992, celébrase o Día Mundial da Saúde Mental por iniciativa da Federación Mundial de Saúde Mental (WFMH) e co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS).
  • 15
    OCT
    2021
    A Fundación  SALMA (Fundación para o coidado da Saúde Mental en Galicia) é unha fundación sen ánimo de lucro que traballa para mellorar as condicións das persoas con problemas de saúde mental e persegue dotar a Galicia dun modelo de xestión integral e multidisciplinar en materia de atención sanitaria e asistencia social para a saúde mental. Entre outras iniciativas, SALMA quere impulsar unha Lei galega de Saúde Mental, que garanta o cumprimento dos dereitos e que organice a asignación de medios e recursos á asistencia sanitaria e as prestacións sociais para as persoas con problemas de saúde mental
  • 25
    SEP
    2020
    O Ministerio de Sanidade, en colaboración cun grupo de persoas expertas, realizou unha revisión da evidencia dispoñible para actualizar o límite de consumo de alcol de baixo risco, co fin de diminuír os problemas de saúde, lesións, danos a terceiras persoas e consecuencias sociais e económicas do seu consumo
  • 10
    NOV
    2019
    O comité científico do II Congreso Internacional sobre Cannabis, celebrado en Catoira os pasados 7, 8 e 9 de novembro, outorgou o premio ao mellor póster ao traballo titulado "cannabis e xénero: entender e previr desde a evidencia".
  • 30
    AGO
    2018
    A organización do 1º Congreso Internacional sobre o Cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei, celebrado o pasado mes de novembro de 2017 en Catoira, acaba de publicar o libro de actas editado a partir dunha selección das comunicacións orais e póster presentados ao evento. No libro recóllense 25 estudos de diferentes grupos de investigación, sobre aspectos sanitarios, culturais, económicos e sociais/antropolóxicos do consumo do cannabis.
  • 07
    MAY
    2018
    Os grupos de Psiquiatría e Neurología do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur colaboran con CEDRO e outras Unidades Asistenciais de Drogodependencias de Galicia e norte de Portugal nun proxecto financiado polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade.
     
     
     
     
     
  • 09
    FEB
    2018
    O Goberno aprobou a primeira Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024, na que se priorizarán actuacións sobre os menores, as mulleres, e os  maiores de 64 anos. Unha das principais novidades é a introdución de actuacións fronte ás chamadas "adiccións sen substancia”, como as novas tecnoloxías, o xogo e os videoxogos.

Ler máis novas

  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.