Aviso Legal
O Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PLDA) de
Vigo, a través do seu portal Web facilita información de interese xeral
para as persoas que traballan no ámbito das condutas adictivas e a
cidadanía en xeral.
O PLDA de Vigo
desenvolverá os esforzos precisos para evitar erros e, no seu caso,
reparalos ou actualizalos canto antes, non podendo garantir a súa
inexistencia nin que o contido da información atópese permanentemente
actualizado.
O PLDA de Vigo poderá efectuar, en
calquera momento e sen necesidade de previo aviso,modificacións e
actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa
configuraciónou presentación.
O acceso ao Portal, así como o
uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva
responsabilidade do usuario. O PLDA de Vigo non se responsabilizará de
ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse deste
acceso ou uso de información, con
excepción de todas aquelas
actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que
deba someterse o estrito exercicio das súas competencias.
No
Portal incluíronse enlaces a páxinas de sitios web de terceiros
("links”), que se consideraron de interese para os usuarios. No entanto,
o PLDA de Vigo Vigo non asume ningunha responsabilidade derivada da
conexión ou contidos de enlaces de terceiros aos que se fai referencia
no Portal.
Os dereitos de propiedade intelectual deste Portal de
Internet, o seu deseño gráfico e os códigos que contén, son titularidade
do Concello de Vigo, a non ser que se indique unha titularidade
diferente. A reprodución, distribución, comercialización ou
transformación non autorizadas destas obras, a non ser que sexa para uso
persoal e privado, constitúe unha infracción dos dereitos de
propiedade
intelectual do Concello de Vigo ou daquel que sexa titular. Igualmente,
todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no
portal están protexidos por Lei.
O tratamento dos datos de
carácter persoal que se realice a través deste Portal suxeitarase ao
establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de
Carácter Persoal, así como as súas normativas de desenvolvemento e
demais normativas de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse
informáticamente ou se arquivarán co consentimento do cidadán, quen ten
dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa,
solicitar que os mesmos sexan exactos e que se utilicen para o fin que
se recollen, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.
Protección de Datos
No
cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro,
de Protección de Datos de Carácter Persoal informámoslle que os seus
datos quedarán incorporados no ficheiro "Actividades do PLDA de Vigo”
sendo o responsable do mesmo a oficina técnica do PLDA do Concello de
Vigo, e que ten como finalidade: "Creación dunha base de datos co fin de
resolver sobre as solicitudes de participación nas diferentes
actividades do PLDA, así como a xestión administrativa das mesmas e
envío de información”, limitándose a cesión destes datos para tal
finalidade a entidades implicadas na realización destas actividades. Por
outro lado, vostede consinte expresamente que o PLDA lle envíe
información doutras actividades e eventos propios.
A negativa a
subministrar os datos solicitados leva consigo a non inclusión para
realizar as actividades solicitadas. A persoa interesada poderá
exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición
dirixíndose á Secretaría Xeral do Concello de Vigo sita na Praza do
Rei, 1 C.P. 36202 VIGO coa Referencia: "Protección de Datos”, a través
dun escrito asinado ao efecto e achegando fotocopia do seu DNI. ou
chamando o telefono 010.