Ámbito laboral

Existe
unha evidencia clara de que a prevalencia de consumo das distintas
drogas, legais e ilegais, entre as
persoas traballadoras supera a
rexistrada entre o conxunto da poboación xeral. Isto débese a que
sobre as persoas traballadoras converxen, ademais de diversos
factores de risco extralaborais (de carácter persoal, familiar e
social), outros directamente relacionados coa actividade laboral.
As
actividades preventivas a desenvolver con esta poboación, tal como propón
o Plan Nacional sobre Drogas, deben incardinarse como parte do
desenvolvemento da Lei de prevención de riscos laborais.
A
implementación das accións preventivas neste ámbito require a
implicación tanto das empresas como dos e das traballadoras e a súa representación sindical (comités de empresa), conxuntamente cos
servizos de prevención de riscos laborais.