Ámbito escolar
O ámbito escolar constitúe o segundo espazo, despois da familia, no que nenos e
nenas, adolescentes e xuventude pasan a maior parte do seu tempo.
Así, a permanencia neste sistema considérase por si mesmo como un
factor protector frente ao uso indebido de sustancias. Os centros de
ensino permiten intervir na infancia e na adolescencia en idades nas
que se van adquirindo hábitos e modelos de comportamento sobre os
que se pode incidir con certa facilidade.
Para obter maiores
resultados é imprescindible a implicación dos tres elementos básicos
que compoñen o ámbito escolar: alumnado, familias e profesorado.