
A
familia ten unha
función moi importante no desenvolvemento social, emocional e
cognitivo da persoa. Na familia adquírense e desenvólvense as
actitudes, crenzas, valores, hábitos, estilos de vida e
comportamentos que influirán no modo en que nos enfrontamos á vida
e, por tanto, a actuación familiar pode contribuir a evitar a
aparición de problemas relacionados coas drogas.