Prevención > Fundamentos >
O ámbito educativo constitúe o segundo espazo, despois da familia, no que nenos e nenas, adolescentes e mocidade pasan a maior parte do seu tempo. Así, a permanencia neste sistema considérase por si mesmo como un factor protector frente ao uso indebido de sustancias. Os centros de ensino permiten intervir na infancia e na adolescencia en idades nas que se van adquirindo hábitos e modelos de comportamento sobre os que se pode incidir con certa facilidade. Para obter maiores resultados e imprescindible a implicación dos tres elementos básicos que compoñen o ámbito escolar: alumnado, familias e profesorado.
 
A familia ten unha función moi importante no desenvolvemento social, emocional e cognitivo da persoa. Na familia adquírense e desenvólvense as actitudes, crenzas, valores, hábitos, estilos de vida e comportamentos que influirán no modo en que nos enfrontamos á vida e, por tanto, a actuación familiar pode contribuir a evitar a aparición de problemas relacionados coas drogas.
De acordo con elo, deben promoverse actuacións dirixidas a mellorar as habilidades e competencias educativas, de xestión e comunicación familiar.
 
Os problemas relacionados co uso de drogas por parte dos sectores máis novos da poboación constitúe un dos maiores problemas e preocupacións da nosa sociedade. Adolescentes e xóvenes son quen máis consumen drogas nos seus tempos de lecer.
Por elo é necesario desenvolver actuacións preventivas co obxectivo de promover estilos saudables de vida e de ocupación do tempo libre; así como evitar ou reducir o uso/abuso de drogas por parte deste grupo de poboación.
 
 
Existe unha evidencia clara de que a prevalencia de consumo das distintas drogas, legais e ilegais, entre as persoas traballadoras supera a rexistrada entre o conxunto da poboación xeral. As actividades preventivas a desenvolver coa poboación, tal como propón o Plan Nacional sobre Drogas, deben incardinarse como parte do desenvolvemento da Lei de prevención de riscos laborais. A implementación das accións preventivas neste ámbito require a implicación tanto das empresas como dos e das traballadoras e a súa representación sindical (comités de empresa), conxuntamente cos servizos de prevención de riscos laborais.
 
A prevención neste ámbito persegue promover a participación da sociedade civil a través do movemento asociativo e das entidades sociais, mediante a utilización por parte das entidades públicas e privadas, e das persoas individualmente, dos recursos documentais e informativos existentes.
 
 
 
 
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.