O Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social é un servizo de
titularidade municipal, cuxo obxecto é a atención a persoas en
situación de exclusión e/ou emerxencia social e sen fogar da cidade
de Vigo. Iniciou o seu funcionamento en decembro do ano 2.012 e está
adscrito á Concellería de Política Social. Coa posta en marcha deste centro, o Concello
de Vigo dotou a cidade dun servizo integral de atención para dar
cobertura a un amplo abanico de actuacións que inclúen dende o traballo na rúa, con persoas en situación de grave exclusión
social e sen fogar, ata intervencións con persoas aloxadas no piso
de transición, que se atopan nun proceso de inserción
socio-laboral.
r/ Marqués de Valterra 6
(Entrada por R/
Jacinto Benavente)
36202 Vigo
Tlf: 986 294 280