Lei 13/2008, de 3 de dicembro,de Servizos Sociais de Galicia, establece que o sistema galego de servizos sociais estrutúrase en forma de rede, con dous niveis de actuación, e que cada nivel de actuación contará cos equipamentos e coas persoas profesionais e cos equipos técnicos interdisciplinares que se determinen regulamentariamente.

Servizos sociais comunitarios
  • Servizos sociais comunitarios básicos
  • Servizos sociais comunitarios específicos.
 
Servizos sociais especializados

Os servizos sociais especializados están referenciados a un sector de poboación ou a unha necesidade determinada que demandan unha maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención ou unha base territorial de intervención de carácter supramunicipal. Os servizos sociais especializados terán as seguintes funcións:
  • Valorar, diagnosticar e intervir ante situacións que requiran unha alta especialización técnica e, normalmente, interdisciplinar.
  • Xestionar centros e programas especializados.
  • Promover medidas de reinserción no seu ámbito de actuación e desenvolver medidas de rehabilitación social orientadas a normalizar as condicións de vida das persoas usuarias.
  • Prestar colaboración e asesoramento técnico aos servizos sociais comunitarios, así como reverter a este nivel de actuación os casos nos que xa non sexa preciso unha intervención especializada.

A relación entre servizos sociais comunitarios e servizos sociais especializados responderá a criterios de complementariedade, de acción coordinada para a consecución de obxectivos comúns ou de actuación conxunta, coa finalidade de conseguir a continuidade e complementariedade das intervencións que deban aplicarse desde os distintos niveis de actuación.
 
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.