Emaús é unha organización de carácter social, laica, sen ánimo de lucro, que forma parte do movemento EMMAÚS INTERNATIONAL. Ten como obxectivo promover e acompañar procesos transformadores, individuais ou colectivos, nos ámbitos social, económico e ambiental.
Para iso, priorizando a mellora das condicións de vida e o empoderamento das persoas en situación ou grave risco de exclusión, Emaús desenvolve:
  • programas para a inclusión social e laboral
  • proxectos de sensibilización e educación para a sustentabilidade e de cooperación ao desenvolvemento
  • empresas de economía solidaria
 
No ámbito da área de inclusión social, Emaús Galicia está a desenvolver as seguintes actividades e programas orientados a ofrecer un acompañamento social activo e personalizado:
  • PROGRAMA TESELA. Fomenta a capacitación de competencias relacionadas co traballo  que resultan críticas para o seu desempeño eficaz e que facilitan a interacción nun amplo número de situacións sociais. Desenvólvese mediante o acompañamento de  itinerarios personalizados de inclusión e a participación nun taller orientado a mellora da empregabilidade das persoas participantes.
  • PROXECTO ROL. Dirixido a persoas en situación de exclusión social severa. A actividade fomenta á mellora de hábitos e habilidades, a contención do deterioro, a participación activa e recuperación da autoestima mediante un taller de simulación da posta en marcha dunha empresa de xestión de residuos textiles
  • PROGRAMA TIRA DO FÍO. Acompañamento social activo, próximo, flexible e adaptado ás necesidades de cada persoa co obxecto de que poidan mellorar a súa calidade de vida e alcanzar as súas metas.
  • ENTRE FOGONS. Taller de cociña que aposta polo fomento do autocoidado mellorando a alimentación semanal, o aprendizaxe de técnicas de cociña e a realización dunha compra de alimentos que contribúan a manter unha dieta equilibrada e saudable e a desenvolver a autonomía das persoas participantes.
  • RECICLARTE. Taller de recuperación de mobles, enseres e elaboración de todo tipo de manualidades a partir da reciclaxe e a reutilización de materiais.
  • RECICLATEX. Formación prelaboral para a xestión e reciclaxe de residuos textiles.
  • PROXECTO WEEELABS. Proxecto orientado á identificación de oportunidades de emprego para xóvenes en situación de exclusión social a través da xestión de Residuos Eléctricos e Electrónico (RAEEs), en coordinación con outras organizacións europeas no marco do Programa Erasmus +.
  • PROXECTO INCLÚE. Aborda a investigación e innovación para a inclusión social co obxecto de promover a mellora da calidade da atención ás persoas en situación de exclusión social e garantir o cumprimento dos seus dereitos

R/ Ronda de Don Bosco 9, interior baixo
36202 Vigo
Tel. e Fax: 986 22 02 84
E-mail: galicia@emaus.com
www.emaus.com

  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.