PLDA
2011-2016
Representa a continuación da estratexia posta en marcha na
nosa cidade en 1998 co fin de optimizar a planificación e a
programación das accións a desenvolver no ámbito local. Para iso,
presta unha atención especial ao mantemento das súas estruturas
organizativas.
Para o seu desenvolvemento, conta cos
seguintes instrumentos básicos:
-
Un documento no que se conteñen as estratexias, obxectivos e
accións máis relevantes de carácter xeral e en materia de
organización, asistencia, prevención e incorporación social
-
Unha estrutura organizativa que
permite a integración e o traballo coordinado das
institucións e entidades interesadas e a súa participación na
política e actuación municipal en materia de drogodependencias e
outras adiccións
-
Os servizos municipais con
implicación directa na atención das drogodependencias e
aqueles outros que, pola súa materia, teñan relación con algún
aspecto desta problemática
-
As entidades colaboradoras que
se integran na estrutura organizativa para contribuir ao
desenvolvemento do PLDA