PLDA 2011-2016
 
Representa a continuación da estratexia posta en marcha na nosa cidade en 1998 co fin de optimizar a planificación e a programación das accións a desenvolver no ámbito local. Para iso, presta unha atención especial ao mantemento das súas estruturas organizativas.
 
Para o seu desenvolvemento, conta cos seguintes instrumentos básicos:
  • Un documento no que se conteñen as estratexias, obxectivos e accións máis relevantes de carácter xeral e en materia de organización, asistencia, prevención e incorporación social
  • Unha estrutura organizativa que permite a integración e o traballo coordinado das institucións e entidades interesadas e a súa participación na política e actuación municipal en materia de drogodependencias e outras adiccións
  • Os servizos municipais con implicación directa na atención das drogodependencias e aqueles outros que, pola súa materia, teñan relación con algún aspecto desta problemática
  • As entidades colaboradoras que se integran na estrutura organizativa para contribuir ao desenvolvemento do PLDA
 
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.