Noticias

  • 11
    SEP
    2019
    A Fundación Érguete – Integración desenvolve, en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, unha Xornada dedicada á muller e a súa relación co mercado de traballo dende a experiencia da entidade durante os seus 20 anos de historia no ámbito da formación e o emprego.
  • 10
    SEP
    2019
    Aberto o prazo de inscrición para participar na 9ª Xornada de Neuropsicoloxía e Rehabilitación Neurocognitiva en Drogodependencias que se celebrará en Vigo o próximo 18 de outubro. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse na web do PLDA ata o 06/10/19. 
    Máis información:
  • 22
    AGO
    2019
    A Fundación Érguete-Integración impartirá a formación de "Auxiliar de Comercio” en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Concello de Nigrán e Zona Franca. O vindeiro mes de setembro terá lugar o proceso de selección e dará comenzo a acción formativa no centro de negocios de Porto do Molle.
  • 19
    JUL
    2019
    Os pasados días 15 e 18 de xullo tivo lugar a primeira compra solidaria BIO en Vigo. Durante estas dúas xornadas levouse a cabo unha iniciativa cuxo obxectivo foi facer unha recollida de alimentos a favor das persoas usuarias do Programa Sísifo da Fundación Érguete-Integración.
  • 05
    JUL
    2019
    No mes de novembro celebrarase en Catoira a segunda edición do Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados: Saúde, educación e lei, coa participación dos relatores e profesionais máis destacados a nivel nacional e internacional. A actividade inclúe talleres formativos, conferencias, mesas redondas e outros espazos para comunicacións científicas e intercambio de experiencias profesionais.

  • 26
    JUN
    2019
    O xoves 27 de xuño celébrase o I Foro de innovación para as asociacións de pacientes da área sanitaria de Vigo, coa participación das asociacións Afaga, Agavih, Avempo, Doa, Bicos de Papel e Asociación Galega de Fibrose Quística, que darán a coñecer os seus proxectos de innovación. A actividade desenvolverase no salón de actos do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, entre as 17:00 e 19:45 horas. A entrada é libre. 
  • 12
    JUN
    2019
    A Universidade de Vigo organiza un curso sobre vida saudable, desde a perspectiva do ciclo vital das mulleres. Esta actividade desenvolverase no Auditorio Municipal de Catoira os días 3, 5 e 5 de xullo. O prazo de inscrición finaliza o 28 de xuño.
  • 24
    MAY
    2019
    O Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social do Concello de Vigo (CIIES) organiza a II Xornada de portas abertas e celebración dos Maios que vai ter lugar nas instalacións do centro na Rúa Marqués de Valterra, nº6 (entrada polo acceso da Rúa Jacinto Benavente), o vindeiro mércores 29 de Maio entre as 16:30 h e 20:00 h, estando prevista unha visita guiada polo centro de 19:15 h a 20:00 h.
  • 24
    MAY
    2019
    O alumnado de 1º Integración Social do Colexio San José de la Guía e os residentes da Fundación de la Santa Cruz, coa colaboración de  Xaruma, Centro de día Atalaia, Provivienda, Plan comunitario de  Teis e outras entidades, organizan este evento con obxecto de dar visibilidade ao social e empoderar ás persoas coas que traballan.
  • 21
    MAY
    2019
    En 2019 a Fundación Érguete-Integración cumpre 20 anos. Con este motivo, o próximo 20 de xuño, no salón de actos do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo, celebrarase unha xornada conmemorativa á que se convida a todas as persoas que estean interesadas en coñecer a actividade da Fundación e compartir este día.

1  | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |   ...  15  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.