Noticias

  • 01
    DIC
    2022
    Como cada 1 de decembro, persoas de todo o mundo axuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional fronte a pandemia.
    O slogan de ONUSIDA para este ano é «Igualdade Xa» e supón unha chamada á acción. Pretende impulsarnos a traballar en todas aquelas accións prácticas que se demostrou que son necesarias para abordar as desigualdades e axudar a poñer fin á sida.
  • 10
    OCT
    2022
    Como cada 10 de outubro, desde 1992, celébrase o Día Mundial da Saúde Mental por iniciativa da Federación Mundial de Saúde Mental (WFMH) e co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS).
  • 15
    OCT
    2021
    A Fundación  SALMA (Fundación para o coidado da Saúde Mental en Galicia) é unha fundación sen ánimo de lucro que traballa para mellorar as condicións das persoas con problemas de saúde mental e persegue dotar a Galicia dun modelo de xestión integral e multidisciplinar en materia de atención sanitaria e asistencia social para a saúde mental. Entre outras iniciativas, SALMA quere impulsar unha Lei galega de Saúde Mental, que garanta o cumprimento dos dereitos e que organice a asignación de medios e recursos á asistencia sanitaria e as prestacións sociais para as persoas con problemas de saúde mental
  • 11
    DIC
    2020
    A concelleira de política social do Concello de Vigo intervirá o vindeiro martes 15 de decembro no foro Encontros Ágora das adiccións, un espazo de encontro virtual para tratar temas de interese e de actualidade en adiccións no que participan diferentes profesionais, xestores e entidades a nivel nacional e internacional con presenza neste ámbito.
  • 27
    NOV
    2020
    A COVID-19 puxo sobre a mesa, unha vez máis, que a saúde se interrelaciona directamente con outros problemas fundamentais, tales como a redución da desigualdade, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a protección social e o crecemento económico. Por todo isto, o lema do Día Mundial da Sida este ano é «Solidariedade mundial, responsabilidade compartida»
  • 25
    NOV
    2020
    Con motivo do Día Internacional Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Fundación Érguete-Integración difunde testimonios de mulleres participantes no programa DANA de defensa persoal, un proxecto que combina aspectos técnicos da defensa persoal e ferramentas psicoemocionais.

  • 20
    NOV
    2020
    O proxecto Intervención con Persoas Drogodependentes-Plan Social Ence da Fundación Érguete-Integración, que ten como obxectivo establecer medidas que eviten ou minimicen a exclusión social e sanitaria de persoas con problemas de consumo de drogas, culminou a súa primeira edición, na que atendeu a máis dun centenar de persoas entre Marín e o Poboado Chabolista de O Vao, en Poio (Pontevedra). 
    En concreto, beneficiáronse deste proxecto 102 persoas drogodependentes en situación de risco social, persoas exdrogodependientes en risco de recaída ou outras persoas en situación de exclusión social con riscos asociados ao consumo.  

  • 06
    NOV
    2020
    O Ministerio de Sanidade organiza o  webinar de Actualización dos Límites de Consumo de Baixo Risco de Alcol, xa que, en 2020 publicouse o Documento de Límites de Consumo de Baixo Risco de Alcol, aprobado pola Comisión do Saúde Pública o 2 de xullo de 2020, e ao que acompañan materiais dirixidos á cidadanía, a profesionais sanitarios e proximamente a  decisores políticos.
  • 22
    OCT
    2020
    Socidrogalcohol decidiu manter a edición das súas XLVII Xornadas Nacionais este ano, celebrándoas nun formato totalmente virtual, desde o 30 de novembro ao 4 de decembro, que tamén permitirá poder visualizar todo o contido durante 1 mes tras a realización do evento
  • 13
    OCT
    2020
    Investigación en tempos de pandemia é o título da  XXII edición do Curso de Investigación en Psiquiatría que se celebrará o venres 16 de outubro de 2020 no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, a partir das 16:30. Nesta ocasión, debido á situación xerada pola pandemia covid-19, o formato combinará un grupo presencial e participantes por vía telemática.

1  | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |   ...  19  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.