Noticias

  • 07
    JUL
    2016
    Ao redor do cinco por cento da poboación adulta, ou preto de 250 millóns de persoas entre as idades de 15 e 64 anos, consumiu como mínimo unha droga en 2014, como afirma o  último Informe Mundial sobre as Drogas  publicado este 23 de xuño pola UNODC. 
  • 23
    JUN
    2016
    No DOG do 08/06/16 publícase o Decreto polo que a Consellería de Política Social define a Carteira de Servizos Sociais de Inclusión e descríbense os equipamentos e servizos que deben ofrecer os recursos de inclusión.
     
    Esta modificación normativa afecta a recursos residenciais como vivendas de apoio ao tratamento e albergues e a provisión de recursos básicos (hixiene, roupeiro, lavandería e apoio material), entre outros.
  • 02
    JUN
    2016
    Manuel Rodríguez Iglesias, educador da unidade de día dos centros Alborada, participa no grupo de traballo sobre agricultura social e terapéutica, no marco do VI Congreso Internacional de Agroecología que se desenvolverá durante os días 16 e 17 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.
  • 30
    MAY
    2016
    O Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías informa que un gran número de novas sustancias psicotrópicas véndense libremente como sucedáneos «legais» de drogas ilegais, sen que se aprecien signos de desaceleración no desenvolvemento destas sustancias.
  • 11
    FEB
    2016
    A Enquisa sobre uso de drogas en Ensinos Secundarios en España, ESTUDES lévase a cabo de forma bienal, desde 1994, en estudantes de Ensinos Secundarios de 14 a 18 anos. Para a súa realización cóntase coa colaboración das Comunidades e Cidades Autónomas.
  • 24
    MAY
    2016
    O pasado 19 de abril, o Consello de Goberno da Junta de Andalucía aprobou o III Plan Andaluz sobre Drogas 2016-2021 que foi publicado o 27 de abril 2016 no Boletín Oficial da Junta de Andalucía e que está dispoñible na web da Consellería de Igualdade e Políticas Sociais
  • 13
    MAY
    2016
    A Fundación Emaús pon en marcha a décima edición do Programa Tesela que formula unha intervención orientada á adquisición e desenvolvemento de competencias sociopersoais e  hábitos prelaborais de persoas en situación e/ou risco de exclusión social do municipio de Vigo, de cara a aumentar a motivación e favorecer un proceso de inclusión social e laboral con garantías de éxito. 


  • 27
    ABR
    2016
    O próximo 19 de maio, no auditorio municipal de Vigo, celebraranse as II Xornadas CIIES sobre saúde mental e persoas sen fogar. Para reflexionar sobre a situación das persoas con problemas de saúde mental en situación de rúa, contarase coa participación de profesionais e responsables das diferentes entidades e organismos implicados na atención deste colectivo.
  • 12
    ABR
    2016
    Celebrarase o próximo 24 de abril, por iniciativa da Fundación Galega contra ou Narcotráfico, co apoio das universidades galegas de Vigo, A Coruña, e Santiago de Compostela, e as portuguesas de Tras os Móntes, Miño e Porto. Os fondos recadados serán destinados a apoiar o "Proxecto Verdear" da asociación Alborada
  • 21
    MAR
    2016
    Entre o 1 de marzo e o 5 de xuño, podes inscribirche neste curso gratuíto, financiado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, que persegue facilitar a incorporación da perspectiva de xénero na actividade de profesionais do Terceiro Sector de Acción Social no ámbito da intervención con persoas consumidoras de drogas


  | 1  ...  9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  |  15  | 16  |  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.