Noticias

  • 16
    SEP
    2016
    O próximo 22 de setembro, a Asociación Alborada dá comezo á programación 2016 -2017 do seu Programa de apoio á familia e pacientes con condutas adictivas.
    As actividades desenvolveranse un sábado de cada mes ata xuño, en horario de 11:00h a 13:00 
  • 07
    SEP
    2016
    Co comezo das clases, o Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PLDA) de Vigo inicia a actividade dos programas de prevención de drogodependencias e condutas adictivas nos ámbitos escolar e familiar. 
  • 06
    SEP
    2016
    Fundación Atenea 
     
    Curso on liña sobre xénero e drogas

    Entre o 3 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2017

    Este curso que persegue incorporar a perspectiva de xénero na intervención con persoas con consumos problemáticos de drogas e achegar aos/as profesionais que traballan no sector, os conceptos crave en materia de drogas e xénero, así como ofrecer un espazo de intercambio e reflexión analizando as prevalencias a partir dos datos existentes.
     
    Duración: 250 horas

  • 09
    SEP
    2016
     EUROPEAN LOCAL AUTHORITIES INTEGRATION NETWORK (ELAINE)
     
    3ª CONFERENCIA INTERNACIONAL EN ESPAÑA

    Deporte e actividades culturais como medio para a integración de inmigrantes e refuxiados

    A conferencia está destinada a persoas que traballen ou estean interesadas no deporte e a cultura utilizados como medio para a integración con éxito na sociedade Europea.


  • 02
    SEP
    2016
    O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia organiza un curso "en liña" sobre intervención socioeducativa en adiccións.
    Esta actividade formativa de 100 horas desenvolverase entre o 30 de setembro e o 29 de novembro de 2016
  • 02
    SEP
    2016
    No pasado curso académico 2015-2016, o Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo levou a cabo diferentes accións de prevención de condutas adictivas no ámbito escolar nas que participaron 4.276 persoas, entre escolares, persoal docente, nais e pais.

    Tamén leváronse a cabo programas preventivos dirixidos ao ámbito familiar cunha participación de 553 persoas

    Outras accións preventivas desenvolvéronse nos ámbitos xuvenil e comunitario cun total de 22 e 684 persoas, respectivamente.
  • 23
    AGO
    2016
    O  2 de agosto de 2016 publicouse no BOE a convocatoria da concesión de axudas económicas para o desenvolvemento de proxectos de investigación sobre drogodependencias no ano 2016.

  • 07
    JUL
    2016
    Ao redor do cinco por cento da poboación adulta, ou preto de 250 millóns de persoas entre as idades de 15 e 64 anos, consumiu como mínimo unha droga en 2014, como afirma o  último Informe Mundial sobre as Drogas  publicado este 23 de xuño pola UNODC. 
  • 23
    JUN
    2016
    No DOG do 08/06/16 publícase o Decreto polo que a Consellería de Política Social define a Carteira de Servizos Sociais de Inclusión e descríbense os equipamentos e servizos que deben ofrecer os recursos de inclusión.
     
    Esta modificación normativa afecta a recursos residenciais como vivendas de apoio ao tratamento e albergues e a provisión de recursos básicos (hixiene, roupeiro, lavandería e apoio material), entre outros.
  • 02
    JUN
    2016
    Manuel Rodríguez Iglesias, educador da unidade de día dos centros Alborada, participa no grupo de traballo sobre agricultura social e terapéutica, no marco do VI Congreso Internacional de Agroecología que se desenvolverá durante os días 16 e 17 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

  | 1  ...  10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  |  16  | 17  |  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.