Noticias

  • 10
    OCT
    2018
    Este ano o lema internacional elixido é "OS MOZOS E A SAÚDE MENTAL NUN MUNDO EN TRANSFORMACIÓN”, co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia de mellorar o investimento público e a participación dos sectores social, de saúde e da educación en programas integrais, integrados e baseados en evidencias para a saúde mental dos mozos.
  • 19
    SEP
    2018
    Despois de 28 anos traballando no apoio a familias e pacientes, a Asociación Alborada organiza un ano máis as súas Xornadas formativas sobre adiccións que se desenvolverá un sábado ao mes, desde o 22 de setembro, na sala de seminarios do Teatro Afundación de Vigo, con horario de 11:00 a 13:30 horas.
  • 27
    SEP
    2018
    Aberto o prazo de inscrición para participar na 8ª Xornada de Neuropsicoloxía e Rehabilitación Neurocognitiva en Drogodependencias que se celebrará en Vigo o próximo 26 de outubro. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse na web do PLDA ata o 15/10/18. O prazo para presentar comunicacións foi ampliado ata o 15 de outubro.



  • 11
    SEP
    2018
    A Asociación Gallega de Psiquiatría celebrará en Vigo o seu XX Curso de investigación en psiquiatría que se desenvolverá no salón de actos do hospital Álvaro Cunqueiro os próximos 28 e 29 de setembro.


  • 03
    SEP
    2018
    A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas acaba de publicar a súa convocatoria anual para proxectos de investigación. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 1 de outubro.

  • 03
    SEP
    2018
    A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas convoca anualmente axudas económicas a Entidades Privadas sen fins de lucro de ámbito estatal, con cargo ás partidas asignadas a este fin nos Orzamentos Xerais do Estado e con cargo ao Fondo de Bens Comisados por tráfico de drogas e outros delitos relacionados.

  • 30
    AGO
    2018
    A organización do 1º Congreso Internacional sobre o Cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei, celebrado o pasado mes de novembro de 2017 en Catoira, acaba de publicar o libro de actas editado a partir dunha selección das comunicacións orais e póster presentados ao evento. No libro recóllense 25 estudos de diferentes grupos de investigación, sobre aspectos sanitarios, culturais, económicos e sociais/antropolóxicos do consumo do cannabis.
  • 28
    AGO
    2018
    O consumo de tabaco, alcol e outras drogas constitúen os principais factores de risco de anos perdidos por enfermidade ou morte prematura en homes, segundo un estudo sobre datos de 2016. No caso das mulleres, estes factores ocupan as posicións quinta e sexta, por detrás do índice de masa corporal elevado, presión sistólica elevada, riscos relacionados coa dieta e glicosa plasmática en xaxún elevada.
  • 07
    AGO
    2018
    O 42,1% dos condutores falecidos nas estradas españolas durante 2017 presentou resultados positivos en alcol, drogas e/ou piscofármacos, segundo datos da Memoria de Vítimas Mortais en Accidentes de Tráfico de 2017 do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses. O estudo analizou un total de 884 casos (651 condutores, 143 peóns e 90 acompañantes)
  • 01
    AGO
    2018
    María Azucena Martí Palacios foi nomeada nova delegado do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Martí substitúe no cargo a Francisco de Asís Babín Vich, quen fora director do Instituto de Adiccións da Cidade de Madrid-Madrid Saúde.

  | 1 ... 3  |  4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  |  ... 15  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.