Noticias

  • 14
    FEB
    2018
    O PLDA de Vigo convoca o 2º concurso escolar de prevención de condutas adictivas, dirixido ao alumnado de 6º curso de EP e 2º e 4º cursos da ESO, coa finalidade de crear eslogans que fomenten o lecer saudable para previr o consumo de drogas e a súa utilización como parte dunha futura campaña de prevención de drogodependencias.
  • 09
    FEB
    2018
    O Goberno aprobou a primeira Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024, na que se priorizarán actuacións sobre os menores, as mulleres, e os  maiores de 64 anos. Unha das principais novidades é a introdución de actuacións fronte ás chamadas "adiccións sen substancia”, como as novas tecnoloxías, o xogo e os videoxogos.
  • 27
    DIC
    2017
    O informe anual do Observatorio Español de la Droga y las Toxicomanías (OEDT) recolle que, segundo datos correspondentes á enquisa sobre Alcol e Drogas en España (EDADES) de 2015, as drogas con maior prevalencia de consumo, nos últimos 12 meses, son o alcol (77,6%), o tabaco (40,2%) e os hipnosedantes (12,0%), seguidos do cannabis (9,5%) e a cocaína (2,0%).
     

  • 20
    DIC
    2017
    "Comprender que a adicción é unha enfermidade producida por multitude de factores é imprescindible para poder combater o estigma”, así o explicou Francisco Pascual, presidente da sociedade científica Socidrogalcohol, na Xornada Nacional "O estigma na persoa con trastorno adictivo”
  • 21
    DIC
    2017
    O  PLDA pon en marcha unha campaña radiofónica de sensibilización sobre a prevención de condutas  adictivas, baseada nos traballos galardoados no primeiro concurso sobre prevención de condutas  adictivas celebrado durante este ano, no que participou alumnado de 6º curso de  EP, 2º e 4º cursos da ESO de 18 centros educativos da nosa cidade.
  • 28
    NOV
    2017
    A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convida a asistir á proxección dos Microvideos que o alumnado de secundaria da cidade realizou no marco da iniciativa municipal "EnlazaVigo contra a violencia de xénero 2017" sobre o lema "A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero". A actividade terá lugar este xoves, 30 de novembro, ás 19:00h, no Auditorio municipal do Concello (Praza do Rei s/nº). Duración estimada: 50 minutos
  • 24
    NOV
    2017
    Campaña de concienciación social que pretende, a través da difusión das 10 principais controversias sobre adiccións e enfermidades mentais, aclarar os mitos e prexuízos ao redor da patoloxía dual (denominación que designa a existencia dun trastorno  adictivo e outro trastorno mental, cuxa prevalencia en España é superior ao 50% entre os pacientes que acoden a centros de saúde mental e/ou adiccións).

    Foi organizada pola Fundación de Patología Dual, en colaboración coa Confederación SALUD  MENTAL ESPAÑA e a Plataforma Madrileña de Entidades Para la Asistencia a la Persona  Adicta y su Familia (Fermad), e contou co financiamento do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
  • 22
    NOV
    2017
    Páxina web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que ofrece información crave sobre os efectos do consumo de alcol na mocidade. Está dirixida a persoas mozas e adolescentes, pais e nais, profesionais sanitarios, e profesorado. Contén estudos, documentos crave, lexislación e políticas de alcol, información sobre eventos, etc.

  • 23
    NOV
    2017
    O vindeiro xoves 30 de novembro, a Compañía Furafollas Teatro, integrada por persoas usuarias de DOA, representará a obra " Love tender. Escenas de microteatro”, baixo a dirección de Sócrates Pérez. Trátase dunha actividade enmarcada nos actos conmemorativos do 30º aniversario da asociación e 10º aniversario en Cangas. A cita é ás 19:00 horas no auditorio municipal de Cangas, con entrada libre e unha duración aproximada de 35 minutos
  • 23
    NOV
    2017
    O PLDA anuncia a ampliación do prazo de inscrición para participar nas súas XI Xornadas que se celebrarán o próximo 1 de decembro no salón de actos do Verbum. Os interesados poderán inscribirse ata o 29 de novembro, directamente desde esta páxina web.

  | 1 ... 6  |  7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  |  ... 16  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.