Novas >

Programa Emprego Inclusivo da Fundación Érgete-Integración

22
AGO
2019

Programa Emprego Inclusivo da Fundación Érgete-Integración



A Fundación Érguete-Integración impartirá a formación de "Auxiliar de Comercio” en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Concello de Nigrán e Zona Franca. O vindeiro mes de setembro terá lugar o proceso de selección e dará comenzo a acción formativa no centro de negocios de Porto do Molle.
Esta formación busca proporcionar a persoas en busca de emprego os coñecementos e as habilidades necesarias para realizar o traballo no sector do comercio e impulsar a súa inserción laboral. Entre as competencias xerais que adquirirán as persoas asistentes están a prestación de atención e información protocolarizada e estruturada ao cliente; así como realizar actividades auxiliares de reposición e acondicionamento no punto de venda.

O curso vai dirixido a persoas desempregadas que se atopan en busca activa de emprego, polo que deben estar dadas de alta como demandantes de emprego e ter interese en formarse para traballar en tendas, supermercados e grandes superficies comerciais.

As persoas que desexen participar neste programa formativo, que ten un total de 19 prazas, poden anotarse chamando ao 986 253 176 e preguntando pola coordinadora da actividade Yolanda Gómez ou a través do e-mail incorpora@fundacionerguete.org, ata o 17 de setembro.
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.