Novas

  • 07
    MAY
    2019
    A sociedade científica Socidrogalcohol organiza un curso online de formación básica e troncal en condutas adictivas para profesionais sociosanitarios. O obxectivo é ofrecer aos profesionais que traballan en adiccións, sexan da disciplina que sexan, unha formación básica e común para o todo o territorio español, que profunde nas condutas adictivas e as súas complicacións.
  • 07
    MAY
    2019
    O curso de Auxiliar de Restaurante-Bar, que terá lugar do 6 de maio ao 7 de xullo en Nigrán, formará a persoas que se atopan en busca activa de emprego para que podan adquirir as competencias necesarias para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral no ámbito da hostalaría

    Este programa formativo encádrase no proxecto Emprego Inclusivo promovido pola Deputación de Pontevedra e desenvolvido coa colaboración do Concello de Nigrán.
  • 06
    MAY
    2019
    A asociación Amaina celebra o seu 5º aniversario no OMD Casco Vello (rúa Oliva 12, Vigo) o martes 7 de maio, ás 18:00 horas
  • 02
    MAY
    2019
    DOA - Saúde Mental celebra o próximo 7 de maio unha xornada de portas abertas para que as persoas interesadas poidan coñecer de primeira man as súas instalacións e o labor social que veñen desenvolvendo desde hai máis de 30 anos.
    Máis información
  • 04
    ABR
    2019
    Manuel Isorna, Doutor en Psicoloxía e profesor da Universidade Vigo, publica un artigo de opinión na web de Socidrogalcohol no que reflexiona sobre o fenómeno de captura corporativa da saúde pública, referido a cando as políticas afectan a determinantes comerciais da saúde como, por exemplo, o alcol, os alimentos ultraprocesados, o tabaco, as bebidas azucradas ou o cannabis, entre outros.
  • 20
    MAR
    2019
    A Fundación Érguete Integración ofrece un servizo de atención directa e individualizada, co obxectivo de detectar necesidades, estudar casos concretos, valorar demandas e levar a cabo unha intervención baseada na información, asesoramento, mediación, atención, tramitación e acompañamento ás mulleres, así como ás vítimas de violencia de xénero, para facer unha intervención global que permita a consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.
  • 22
    MAR
    2019
    O vindeiro luns, 25 de marzo, dará comenzo esta iniciativa organizada pola Fundación Érguete-Integración que xurde co obxectivo de axudar a mellorar a situación persoal das mulleres, reflexionando sobre actitudes, habilidades, roles e estereotipos. Fomentarase a autonomía, así como o empoderamento, que lles permita gañar a confianza necesaria para que se convertan en protagonistas activas do seu propio proceso de integración social e laboral.
     
     
    Máis información
  • 05
    MAR
    2019
    A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan diversas actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres: proxección de filmes, recital aberto de poesía de xénero con Iolanda Zúñiga, entrega do VII premio de Igualdade Ernestina Otero a Mª Xosé Queizán, visita guiada ao Roteiro feminino Sons de Mulleres a cargo de María Casar, actuación musical do grupo "Habelas Hainas", contacontos de igualdade a cargo de Paula Carballeira, pleno específico do Consello Municipal da Muller, etc.


  • 14
    FEB
    2019
    O día 9 de xaneiro lanzouse a nova campaña de sensibilización da FAD, co obxectivo de desmontar diferentes estereotipos que condicionan a mirada adulta sobre a xuventude. Estereotipos que, grazas ás investigacións realizadas polo Centro Reina Sofía da  FAD, sabemos que non son certos como, por exemplo, que non se comprometen socialmente; que non se esforzan, nin estudan, nin traballan;  ou que dedican todo o seu lecer a saír de festa, " desfasar” e consumir drogas.
  • 27
    FEB
    2019
    O vindeiro día 15 de marzo celebrarase un World Café en Vigo co tema "Liderado das mulleres e corresponsabilidade” como eixo central. Esta actividade enmárcase dentro do programa "Terceiro sector en Igualdade”, financiado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e está organizado pola Federación de Mujeres Progresistas, coa colaboración da Fundación Érguete Integración, co obxectivo de promover a incorporación da perspectiva de xénero a todos os niveis nas entidades do Terceiro Sector.

  | 1 ... 3  |  4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  |  ... 17  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.