O día 9 de xaneiro lanzouse a nova campaña de sensibilización da FAD, co obxectivo de desmontar diferentes estereotipos que condicionan a mirada adulta sobre a xuventude. Estereotipos que, grazas ás investigacións realizadas polo Centro Reina Sofía da FAD, sabemos que non son certos como, por exemplo, que non se comprometen socialmente; que non se esforzan, nin estudan, nin traballan; ou que dedican todo o seu lecer a saír de festa, " desfasar” e consumir drogas.