Novas

  • 04
    OCT
    2017
    Xa está aberto o prazo de matriculación para a terceira edición do Curso de Formación de Mediadores para o Apoio a Persoas con VIH que se impartirá na UNED en colaboración coa Sociedade Española Interdisciplinaria da Sida (SEISIDA) e a Coordinadora Estatal de VIH-Sida (CESIDA). O curso, dotado de 18 créditos e que outorga unha titulación de Experto Profesional, ofrece unha formación para mellorar a capacidade e as habilidades daquelas persoas que estean interesadas en ofrecer apoio a persoas con VIH de forma profesionalizada e como elemento complementario aos profesionais que atenden a súa saúde. 
    Este curso diríxese a formar a mediadores co fin de que faciliten condutas de saúde e presten apoio social a persoas con VIH. Toda a información está dispoñible nesta ligazón:
  • 27
    SEP
    2017
    A Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (ACLAD) Alborada organiza unhas xornadas formativas para pacientes e familiares sobre drogodependencias e novas adiccións baixo o lema "motivos para a esperanza. As actividades desenvolveranse os sábados para partir do 30 de setembro, na sala de seminarios do Teatro Afundación de Vigo.
  • 12
    SEP
    2017
    O PLDA anuncia a celebración das súas XI Xornadas o próximo 1 de decembro. Nesta ocasión, baixo o lema "Por un traballo integral", preténdese mostrar algunhas das accións máis relevantes levadas a cabo polas diferentes entidades que desenvolven a súa actividade en Vigo durante o período 2011-2016.
     
  • 07
    SEP
    2017
    Aberto o prazo de inscrición para participar na 7ª Xornada de Neuropsicoloxía e Rehabilitación Neurocognitiva en Drogodependencias que se celebrará en Vigo o próximo 27 de outubro. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse "en liña" ata o 17/10/17. O prazo para presentar comunicacións foi ampliado ata o 15/10/17.
  • 29
    AGO
    2017
    A influencia do variable xénero sobre o uso de drogas non foi debidamente tida en conta como elemento explicativo, ocasionando visións sesgadas á hora de investigar, previr e/ou atender as adiccións. Co obxectivo de emendar estas limitacións desenvólvese o Symposium «Perspectiva de Xénero na Intervención en Drogodependencias», organizado polo Instituto de Drogodependencias da Universidade de Deusto (novembro, 2016) co apoio da Dirección de Saúde Pública e Adiccións do Gobierno Vasco, produto do cal xorde a publicación "Perspectiva de xénero na intervención en Drogodependencias.Prevención, asistencia, formación e investigación".
  • 29
    AGO
    2017
    Un estudo realizado pola Unión de Asociacións e Entidades de Atención ao Drogodependente (UNAD), sobre os datos das 56.160 persoas atendidas durante 2016 nas 158 organizacións desta rede, indica que o alcol foi a droga máis consumida polas persoas atendidas e que as mulleres que solicitaron axuda para deixar esta sustancia (31%) superaron por primeira vez aos homes (27%) que acudiron a consulta.

  • 14
    AGO
    2017
    Campaña educativa para a prevención de violencias sexuais en espazos festivos.
    É unha iniciativa do Observatorio Noctámbul@s, proxecto da Fundación Salud y Comunidad, e foi realizado xunto coa Cooperativa de Tècniques e a ilustradora Alba Feito.

  • 01
    AGO
    2017
    O pasado 28 de xullo, na Conferencia Sectorial do Plan Nacional sobre Drogas, o secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade ratificou os criterios de distribución dos créditos ás Comunidades Autónomas correspondentes ao orzamento para 2017 da Delegación do Goberno para o PNSD, por un total de 9.519.400 euros para transferir ás Comunidades Autónomas para que realicen aqueles plans de prevención, asistencia e reinserción de persoas drogodependentes e outras actuacións dirixidas a cumprir coa Estratexia Nacional sobre Drogas.
  • 31
    JUL
    2017
    A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas presentou a Avaliación da Estratexia Nacional sobre Drogas 2009-2016, con diversas conclusións xerais e recomendacións:


  • 07
    JUL
    2017
    Este venres 7, ás 20 horas terá lugar a celebración do  4º aniversario da posta en marcha a Asociación Inclúe, así como a inauguración do novo local da Asociación na rúa Menéndez Pelayo número 2.

  | 1  ...  9  |  10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  |  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.