Novas

  • 09
    MAY
    2017
    A Asociación Española de Enfermería de Saúde Mental celebrará en Vigo a I Xornada Galega de Enfermería de Saúde Mental / AEESME co lema "Os Coidados Enfermeiros en Saúde Mental: unha mirada en positivo", que terá lugar o próximo 25 de Maio, no Salón de Actos do Edificio Antigo Reitorado

  • 08
    MAY
    2017
    A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de autoprotección para mulleres, dirixido a mulleres maiores de 18 anos.


  • 05
    MAY
    2017
    O próximo 23 de maio a Fundación Érguete-Integración organiza unha xornada sobre emprendemento coa finalidade de promocionar o programa "Punto de Autoemprego - Incorpora" da Obra Social "La Caixa" e fomentar a seguridade e a confianza nos posibles emprendedores/as.


  • 12
    ABR
    2017
     O domingo 23 de abril celébrase a II Carreira Interuniversitaria contra a Droga, organizada pola Universidade de Vigo en coincidencia coa proba emblemática desta universidade, a Happy Go Running.


  • 27
    MAR
    2017
    A asociación rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigoa nuncia a posta en marcha de dúas accións formativas en clave de xénero, que se desenvolverán a partir dos días 4 e 18 de abril, respectivamente
     
  • 15
    MAR
    2017
    O PLDA de Vigo convoca o 1º concurso escolar de prevención de condutas adictivas, dirixido ao alumnado de 6º curso de EP e 2º e 4º cursos da ESO.


  • 13
    MAR
    2017
    Un estudo que publica na revista "Nature" indica que o consumo problemático de drogas en adolescentes pódese predicir pola maneira en que reacciona o cerebro ante certos estímulos nesas idades.

  • 13
    MAR
    2017
    O próximo 31 de marzo, a Fundación Galega contra o Narcotráfico celebra a súa Gala Anual. No transurso deste acto, que se desenvolverá no Salón Principal do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partir dás 20:30h, terá lugar a entrega dos Premios FGCN 2017
  • 10
    FEB
    2017
    A sociedade científica Socidrogalcohol lanza un Plan de Sensibilización que se desenvolverá en 2017 en todo o territorio nacional. Socidrogalcohol entre outras moitas cousas, elaborou un documento de adhesión co obxectivo de reducir a estigmatización das persoas con trastornos adictivos, ao poderán sumarse organizacións, entidades, asociacións, etc. de todo tipo que traballen en adiccións en España.
     
  • 10
    FEB
    2017
    A Subdirección de Drogodependencias da Generalitat de Catalunya realizou un resumo baseado no informe encargado pola Secretaria do Comité de Expertos da OMS en farmacodependencia, presentado na 37º reunión do Comité de Expertos en novembro de 2015 (OMS, 2015) coas achegas de expertos e investigadores de diferentes partes do mundo (Madras, 2015), con obxecto de presentar os coñecementos actuais sobre os efectos que ten o consumo de cannabis recreativo sobre a saúde, así como a identificación de futuras áreas de investigación neste campo.

  | 1  ...  8  | 9  | 10  |  11  | 12  | 13  | 14  | 15  |  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.