O xoves 27 de xuño celébrase o I Foro de innovación para as asociacións de pacientes da área sanitaria de Vigo, coa participación das asociacións Afaga, Agavih, Avempo, Doa, Bicos de Papel e Asociación Galega de Fibrose Quística, que darán a coñecer os seus proxectos de innovación. A actividade desenvolverase no salón de actos do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, entre as 17:00 e 19:45 horas. A entrada é libre.