Novas

  • 06
    NOV
    2017
    O próximo 17 de novembro, Fernando Fantova impartirá unha conferencia en Vigo sobre "servicios sociais: peza clave na inversión social". O evento celebrarase na Sala de Conferencias de ABANCA, na Rúa Policarpo Sanz, 24-26.

  • 03
    NOV
    2017
    Os días 10 e 11 deste mes de novembro celebrarase en Vigo a I Xornada de excelencia en VIH, patrocinada -entre outras- pola Asociación Galega para a Investigación e Docencia en Enfermidades Infecciosas (AGIDEI) e a Fundación Biomédica Galicia Sur. A actividade representa unha magnífica oportunidade para actualizar coñecementos, da man de recoñecidos expertos a nivel nacional e internacional
  • 02
    NOV
    2017
    O PLDA anuncia a apertura do prazo de inscrición para participar nas súas XI Xornadas que se celebrarán en Vigo, o próximo 1 de decembro, no salón de actos do Verbum. Os interesados poderán inscribirse ata o 22 de novembro, directamente desde esta páxina web.
     
  • 30
    OCT
    2017
    O próximo 10 de novembro, Médicos do Mundo desenvolverá unha actividade para compartir resultados e conclusións dun estudo realizado para analizar os problemas e necesidades que as persoas en situación de exclusión social, usuarias de drogas e sen fogar teñen con relación ao dereito á saúde e vivenda.

  • 30
    OCT
    2017
    O vindeiro día 2 de novembro ás 20.45 no Auditorio do Concello proxectarase a curtometraxe "A muller invisible", dirixida por Noemí Chantada e na que Médicos do Mundo tivo colaborado activamente. O obxectivo deste acto é dar a coñecer a situación das mulleres en situación de prostitución, visibilizando este tipo de violencia dende un punto de vista novedoso.
  • 19
    OCT
    2017
    O próximo 27 de outubro DOA Saúde Mental celebra unha gala de conmemoración do seu 30º aniversario, ás 20:00 horas, no Cinema Teatro Salesianos de Vigo. O evento será conducido polo showman vigués Carlos Veleiro e contará coa colaboración desinteresada do Club Maniotas de Vigo, Mayeusis Conservatorio dás Artes Fundación e Escuchando Elefantes
  • 19
    OCT
    2017
    Os días 3 e 4 de novembro de 2017 desenvolveranse en Vigo as "II Xornadas municipais: Unidas contra as violencias machistas. O camiño cara ao Pacto de Estado", organizadas pola Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo.

    O aforo é limitado e as prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición enviando cuberta a folla de inscrición do folleto (ou enviando todos os datos que na folla se solicitan) a través do email: xornadas.igualdade@vigo.org ou a través do fax 986 430 082.

    Ao témino das xornadas entregarase diploma acreditativo de asistencia ás persoas inscritas que asistisen a todas as sesións.
     
  • 16
    OCT
    2017
    A Asociación Cidadá de Loita contra a Droga "Alborada" organiza un curso de agricultura ecolóxica de 600 horas, que consiste en clases teóricas e prácticas, obtención do carné fitosanitario e saídas a empresas e centros de investigación. O curso comenza o 17 de outubro e as persoas interesadas poden realizar a inscrición chamando ao telefono 986.22.48.48 
     
  • 16
    OCT
    2017
    O Foro Galego de Estudo da Personalidade (FGEP) informa que se viu obrigado a postergar a celebración das XI Xornadas de Actualización en Personalidade, que ían celebrarse en Vigo os próximos días 20 e 21 de outubro no Hospital Álvaro Cunqueiro. Por este motivo, durante 2018 celebraranse 2 encontros: o primeiro os días 16 e 17 de febreiro, coa temática prevista no programa de 2017 "Os TP no século XXI" e o segundo, os días 16 e 17 de novembro, coa temática de "DBT: As miñas supervisións con Marsha Lineham" 

  • 16
    OCT
    2017
    O próximo 12 de novembro, a Asociación Érguete organiza a 3ª edición da súa carreira solidaria, un percorrido pensado para que calquera poida participar. Se che gusta ir en bicicleta apúntache á pedalada, e se o teu é correr podes elixir entre o percorrido de 5km ou o de 10Km cronometrado. Os nenos entre 3 e 9 anos teñen a súa propia carreira, a Érguete Miudos.

  | 1 ... 8  |  9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  |  ... 17  
 voltar
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.