A concelleira de política social do Concello de Vigo intervirá o vindeiro martes 15 de decembro no foro Encontros Ágora das adiccións, un espazo de encontro virtual para tratar temas de interese e de actualidade en adiccións no que participan diferentes profesionais, xestores e entidades a nivel nacional e internacional con presenza neste ámbito.
O evento está organizado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas (DGPNSD) en colaboración coa Secretaría Executiva da Comisión Interamericana para do Control do Abuso de Drogas da Organización dos Estados Americanos (SE/CICAD-OEA) e versará sobre a descentralización das políticas sobre drogas: "Cooperación no ámbito local entre América Latina e España”