Novas >

Día Mundial do SIDA

01
DIC
2022

Día Mundial do SIDA



Como cada 1 de decembro, persoas de todo o mundo axuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional fronte a pandemia.
O slogan de ONUSIDA para este ano é «Igualdade Xa» e supón unha chamada á acción. Pretende impulsarnos a traballar en todas aquelas accións prácticas que se demostrou que son necesarias para abordar as desigualdades e axudar a poñer fin á sida.
Esta campaña de ONUSIDA pon o foco en conseguir un maior compromiso para:
Aumentar a dispoñibilidade, a calidade e a idoneidade dos servizos para o tratamento, as probas e a prevención do VIH, para que todas as persoas reciban a atención que precisan.
Reformar as leis, políticas e prácticas para abordar o estigma e a exclusión aos que se enfrontan as persoas que viven co VIH, os grupos de poboación crave e as poboacións marxinadas, de modo que todo o mundo sexa respectado e benvido.
Garantir o intercambio de tecnoloxía para permitir un acceso igualitario á mellor ciencia para o VIH, tanto entre as comunidades como entre o sur e o norte do mundo.
As comunidades poderán utilizar e adaptar o mensaxe «Igualdade Xa» para resaltar as desigualdades particulares ás que se enfrontan e promover as accións necesarias para abordalas.
Máis información
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.