Novas >

A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero

28
NOV
2017

A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero



A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convida a asistir á proxección dos Microvideos que o alumnado de secundaria da cidade realizou no marco da iniciativa municipal "EnlazaVigo contra a violencia de xénero 2017" sobre o lema "A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero". A actividade terá lugar este xoves, 30 de novembro, ás 19:00h, no Auditorio municipal do Concello (Praza do Rei s/nº). Duración estimada: 50 minutos
Centros participantes:

  • IES A GUIA : "Rompe coa cadea"
  • IES ALEXANDRE BÓVEDA: "016"
  • IES CARLOS CASARES: "Nas ondas da memoria"
  • CPR APOSTOL SANTIAGO : "Que no te controlen"
  • CPR DANIEL CASTELAO: " Ponle fin"
  • CPR DIVINO SALVADOR: "De antónimos a sinónimos" e "Todos somos uno"
  • CPR ESCOLAS NIETO: "Dejarse ayudar"
  • CPR LABOR: " Liberada", "Todo tiene solución" e "No lo maquilles"
  • CPR MERCANTIL: "STOP Acoso", "Unha menos?", "Pide axuda" e "La denuncia el mejor camino"

Á actividade pretende por unha banda visibilizar e recoñecer o traballo, esforzo e implicación do alumnado e profesorado que participou na realización e coordinación dos microvídeos e por outra banda, sensibilizar e informar á cidadanía sobre a violencia de xénero.

A Concellería de Igualdade distribuirá entre o público asistente material de sensibilización para previr a violencia de xénero (pulseiras, gorros ou camisetas)

Entrada libre ata completar a capacidade do local.
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.