Novas >

Feira do social SOMOS ARTE

24
MAY
2019

Feira do social SOMOS ARTE



O alumnado de 1º Integración Social do Colexio San José de la Guía e os residentes da Fundación de la Santa Cruz, coa colaboración de  Xaruma, Centro de día Atalaia, Provivienda, Plan comunitario de  Teis e outras entidades, organizan este evento con obxecto de dar visibilidade ao social e empoderar ás persoas coas que traballan.
As actividades celebrarase o próximo 30 de maio no Centro  Sociocomunitario de  Teis, en Vigo, con horario de 11:00 a 13.30 e incluirán teatro de sombras levado a cabo polo grupo "Os  Minitauros", unha demostración de percusión a cargo do grupo "Pingüinos veloces", unha exposición de arte do grupo "Bohemios", e distintos talleres de carácter lúdico. Tamén contará coa participación dun grupo de azafatos e azafatas levado a cabo polo grupo "Guernica".

Cartel
Tríptico
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.