1. Mellorar a representación dos recursos xerais de carácter sanitario e social implicados na asistencia de pacientes con trastornos adictivos na comisión de asistencia
 
Obxectivos específicos
  • Mellorar a colaboración estable de saúde mental
  • Mantener e mellorar a colaboración estable cos servizos sociais.
  • Mellorar o contacto cos demais servizos de carácter xeral e conseguir colaboracións puntuais coa comisión de asistencia: atención primaria, urxencias hospitalarias, institucións penitenciarias, menores, etc
 
Estratexias
  • Aumentar o número de accións de coordinación con saúde mental
  • Mellorar a coordinación cos servizos sociais do Servizo Galego de Saúde
  • Manter, como mínimo, unha reunión de coordinación cada tres anos con cada un destes servizos, aínda que non exista problemática emerxente.
  • Desenvolvemento de grupos de traballo
  • Realización de seminarios técnicos
 
2. Promover a colaboración de todos e todas os/as axentes locais implicados/as no desenvolvemento de protocolos de coordinación e de accións estratéxicas para cumplir os obxectivos do PLDA
 
Obxectivos específicos
  • Colaboración coa rede de asistencia sanitaria
  • Colaboración coa rede de servizos sociais
  • Colaboración no ámbito social e comunitario
  • Colaboración no ámbito legal e penitenciario
 
Estratexias
  • Promover reunións de coordinación
  • Desenvolver grupos de traballo
  • Realizar informes técnicos
  • Consensuar protocolos de colaboración
 
3. Contribuir á mellora dunha oferta asistencial de calidade na cidade
 
Obxectivos específicos
  • Mellorar a coordinación entre os recursos que integran o circuíto terapéutico de trastornos adictivos
  • Avaliar as necesidades non cubertas na cidade
  • Consensuar accións de mellora e implementación da oferta asistencial na cidade
  • Manter a calidade dos recursos existentes na cidade
  • Evitar a desaparición de programas, accións ou recursos necesarios para dar resposta ás necesidades asistenciais da cidade
  • Mellorar a perspectiva de xénero
 
Estratexias
  • Promover accións formativas e de investigación
  • Desenvolver estudos sobre necesidades específicas da cidade
  • Seguimento do funcionamento dos recursos e do desenvolvemento dos programas asistenciais da cidade
  • Promover a implementación de programas y de novas accións, en función dos cambios nas necesidades asistenciais.
  • Promover procesos de certificación de calidade entre as entidades do PLDA
  • Colaboración coas administracións implicadas nos procesos de normalización e mellora da asistencia dos trastornos adictivos
 
4. Mellorar e implementar programas dirixidos a colectivos específicos
 
Obxectivos específicos
  • Mellorar a atención aos colectivos en situación de exclusión social
  • Desenvolver os programas dirixidos á poboación menor de idade.
  • Mellorar la accesibilidade da poboación inmigrante á rede asistencial
  • Implementar as accións sobre o ámbito da prostitución
  • Mellorar a continuidade asistencial nos distintos niveis do ámbito da xustiza
 
Estratexias
  • Reunións e grupos de traballo para a avaliación e proposta de accións.
  • Desenvolvemento de protocolos de coordinación entre a rede asistencial de trastornos adictivos e as redes de atención social e comunitaria.
  • Mellora dos recursos e servizos dirixidos aos colectivos en exclusión social
  • Implementación de accións e programas que afronten as necesidades non suficientemente cubertas.
 
5. Mellorar a cobertura dos programas de emerxencia, reducción do dano e intervención en medio aberto
 
Obxectivos específicos
  • Mellorar a accesibilidade dos colectivos en situación de exclusión social aos recursos asistenciais
  • Mellorar a atención das urxencias sociosanitarias e cobertura de necesidades primarias de alimentación, hixiene e vivenda.
  • Mellorar e ampliar os programas de reducción do dano
 
Estratexias
  • Ampliar a actividade dos equipos de intervención en medio aberto
  • Mellorar a coordinación e colaboración a nivel comunitario
  • Desenvolver protocolos de coordinación cos servizos sociais e sanitarios implicados
  • Aumentar os recursos e servicios dos programas de reducción do dano
  • Ampliar a formación e actividade dos mediadores e das mediadoras sociais.
 
6. Promover estratexias de información da oferta asistencial
 
Obxectivos específicos
  • Aumentar a difusión da información disponible á poboación xeral.
  • Aumentar a difusión da información disponible ao persoal técnico do PLDA
  • Aumentar a difusión da información disponible a institucións e organismos.
 
Estratexias
  • Mellorar a páxina web do PLDA.
  • Iniciar o uso das redes sociais.
  • Manter e mellorar a guía de recursos do PLDA
  • Promover campañas de información e sensibilización.
 
7. Normalización da atención aos trastornos adictivos
 
Obxectivos específicos
  • Aumentar a difusión da información disponible á poboación xeral.
  • Mellorar a coordinación das actuacións asistenciais da rede de condutas adictivas có resto dos dispositivos normalizados de atención sociosanitaria.
  • Promover o máximo desenvolvemento da integración funcional dos dispositivos asistenciais de trastornos adictivos no Servizo Galego de Saúde
  • Promover a completa integración dos dispositivos asistenciais de trastornos adictivos no Servizo Galego de Saúde
 
Estratexias
  • Reunións cos diferentes dispositivos e recursos asistenciais.
  • Elaborar protocolos de coordinación asistencial
  • Desenvolver accións de coordinación e colaboración institucional.
  • Elaborar propostas concretas para a mellora da integración funcional e a normalización da asistencia sanitaria aos trastornos adictivos.
  • Campañas de información e sensibilización social.


  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.