1. Promover a coordinación e unidade de criterios entre os distintos dispositivos que traballan na área de incorporación social a través de encontros e intercambios profesionais
 
Obxectivos específicos
  • Favorecer a coordinación e organización das entidades para chegar a acordos nos obxectivos e programas a desenvolver.
  • Analizar a situación sociosanitaria e de inserción social na área de Vigo propiciando o debate e a búsqueda de solucións coordinadas.
  • Elaborar documentos e guías para a actuación coordinada na abordaxe das actuacións na área de incorporación social.
 
Estratexias
  • Análise da situación socio sanitaria e de inserción social da cidade de Vigo en relación aos/ás usuarios/as das entidades que traballan no eido da incorporación social.
  • Establecer cauces de coordinación cos servizos sanitarios, sociais e de incorporación sociolaboral.
  • Definición do itinerario de inserción das persoas con problemas de adiccións, en especial daquelas en situacións carenciais especificas: mulleres, poboación reclusa e exreclusa, persoas sen teito e as persoas con patoloxía de saúde mental.
  • Desenvolvemento de protocolos operativos de coordinación e actuación que servan ás entidades implicadas na atención ás persoas con problemas de adiccións.
 
2. Promover a atención das necesidades sociais e laborais das persoas con problemas de adiccións favorecendo os procesos de normalización social.
 
Obxectivos específicos
  • Promover a atención das necesidades básicas facilitando e mellorando o acceso aos recursos existentes
  • Potenciar o mantemento e a creación de novos dispositivos para cubrir as necesidades básicas daquela poboación carente de vivenda ou en situación de risco de exclusión.
  • Favorecer e procurar que as persoas con problemas de adiccións da área de Vigo accedan a unha formación que mellore a súa capacitación para o emprego.
  • Incidir na mellora dos mecanismos de acceso ao emprego para as persoas con perfil de difícil empregabilidade.
 
Estratexias
  • Desenvolvemento de accións tendentes á consecución de recursos que garantan residencia ás persoas en risco ou en situación de exclusión.
  • Creación do centro de emerxencia social en Vigo.
  • Analizar os programas de formación e emprego para as persoas en situación ou risco de exclusión social e diseñar liñas de mellora.
  • Coordinación coas institucións con competencias sociais e laborais, e en especial co Concello de Vigo, para aumentar o nivel de integración laboral.
  • Crear un grupo da promoción das claúsulas sociais e do seguimento das mesmas.
 
3. Mellorar a planificación e xestión dos programas que se levan a cabo polas entidades colaboradoras do PLDA para que se desenvolvan con criterios de calidade, sen ser excluíntes e atendendo a evidencias científicas, medibles e avaliables
 
Obxectivos específicos
  • Implementar e favorecer o desenvolvemento de proxectos e programas dentro da estructura de planificación local.
  • Promover a formación continuada dos e das profesionais que están a traballar no eido da incorporación social.
  • Canalizar desde o PLDA a posibilidade de formación en temas de calidade, normativa (ISO 9001, EFQM,…), plans estratéxicos, para as entidades colaboradoras do plan.
 
Estratexias
  • Ofrecer recursos de formación e asesoría a profesionais para que poidan levar a cabo a planificación e avaliación dos programas nos que traballan con criterios de calidade.
  • Axudar a crear un sistema de indicadores de avaliación dos programas desenvolvidos no eido da inserción sociolaboral.
  • Promover desde o Plan accións formativas dentro do eido da xestión de procesos.
  • Mobilización de vías de axuda económica para a financiación das entidades en temas de xestión de calidade.
 
4.- Mellorar a imaxe social das persoas con problemas de adiccións
 
Obxectivos específicos
  • Desenvolver medidas dirixidas á superacion de actitudes discriminatorias e excluíntes, propiciando a xeración dunha conciencia social solidaria e participativa.
  • Promover actuacións informativas e de sensibilización cara á comunidade sobre o tratamento e a inserción social no ámbito das drogodependencias.
  • Desenvolver e apoiar medidas institucionais e sociais encamiñadas a mellorar a imaxe social da poboación drogodependente.
 
Estratexias
  • Desenvolvemento de actividades de concienciación e sensibilización dirixidas á poboación, con obxecto de incidir na modificación de actitudes e comportamentos.
  • Actuacións de carácter formativo e informativo sobre os distintos recursos que o concello e as diferentes ONG e movementos asociativos levan a cabo para a abordaxe das drogodependencias.
  • Promover a existencia de canles de comunicación e colaboración con estructuras de índole empresarial e laboral (confederacións do empresariado, sindicatos, fundacións, etc.), incidiendo positivamente na súa sensibilización ante os colectivos en risco de exclusión.
 
5. Introducir a perspectiva de xénero na atención das persoas con trastornos adictivos
 
Obxectivos específicos
  • Impulsar o acceso das mulleres con condutas adictivas víctimas de violencia de xénero aos recursos específicos.
  • Introducir a perspectiva de xénero na abordaxe das persoas con trastornos adictivos.
  • Impulsar a formación dos e das profesionais das entidades en perspectiva de xénero.
 
Estratexias:
  • Actuacións encamiñadas a fomentar a investigación sobre cuestións de xénero relacionadas coa saúde e as drogas na procura da xeneración de evidencia científica.
  • Elaboración dun programa formativo sobre xénero e drogas destinado ás e aos profesionais das entidades.
  • Realización de actividades tendentes a coñecer a influencia do xénero na accesibilidade aos distintos servizos, e analizar a realidade no ámbito do concello de Vigo.
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.