1.Promover a adopción de estilos de vida saudables na poboación xeral
Obxectivos específicos
- Mellorar a calidade da información dispoñible por parte da poboación xeral
- Mellorar o nivel de coñecemento da poboación sobre as consecuencias que o consumo de drogas ten sobre a saúde.
- Modificar as actitudes sociais fronte ás drogas.
- Retrasar a idade de inicio do consumo de drogas.
- Reducir a prevalencia do consumo de drogas.
Estratexias
- Posta en marcha de campañas de sensibilización e información dirixidas á poboación xeral sobre os riscos asociados ao consumo de alcohol e outras drogas, especialmente en idades tempranas.
- Difusión dos recursos de prevención existentes.
- Actuacións e intervencións nos medios de comunicación.
- Distribución de folletos, guías e carteis informativos.
- Creación dun espazo informativo nos medios de comunicación onde se poida falar e debater acerca do tema das drogodependencias.
- Posta en marcha dun espazo informativo nos medios de comunicación no que se informe ou debata acerca das drogodependencias.
2. Promover a adopción de estilos de vida saudables entre a poboación escolar
Obxectivos específicos
- Formar ao alumnado acerca dos efectos e riscos do consumo de drogas.
- Reducir a idade de inicio no consumo de drogas.
- Reducir a prevalencia do consumo de drogas na poboación escolar.
- Modificar as crenzas e actitudes da poboación escolar sobre as drogas.
Estratexias
- Intervencións desenvolvidas na aula có alumnado: obradoiros, charlas informativas, actividades audiovisuais, debates, etc
- Talleres ou cursos de formación en prevención das drogodependencias para o profesorado dos centros escolares de educación infantil, primaria, secundaria, postobrigatoria, formación profesional e PCPI.
- Difusión de guías informativas acerca do consumo de diferentes drogas.
- Reunións cos e coas orientadores dos centros escolares para que plantexen as súas necesidades ou inquedanzas.
3. Promover a implicación das nais e dos pais como axentes de saúde e como factores de protección ante o consumo de drogas
Obxectivos específicos
- Mellorar as habilidades educativas e de comunicación das familas
- Mellorar a calidade da información sobre drogas de que dispoñen as nais, os pais e/o titores/as
- Mellorar as actitudes educativas das nais e dos pais.
- Favorecer as actitudes preventivas das nais e dos pais.
Estratexias
- Implementación de obradoiros ou charlas sobre o consumo de drogas dirixidas aos pais/nais con fillos e fillas en idade escolar (5 ata 18 anos), que serán impartidos no propio centro escolar.
- Difusión e envío de folletos ou guías informativas, a casa dos pais e nais do alumnado, con información para afrontar nos seus fillos e fillas o problema do inicio, consumo e abuso de alcohol, tabaco, cannabis e outras drogas, así como previr o seu consumo e mellorar a comunicación e relación cos seus fillos e fillas.
- Difusión dos programas de prevención dirixidos ás familias a través de FOANPAS (Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos)
4. Promover a adopción de estilos saudables de vida e de ocupación do tempo libre entre a poboación adolescente e a mocidade
Obxectivos específicos
- Reducir a intención de consumo de drogas
- Incrementar a percepción de risco asociado ao consumo de drogas
- Mellorar a información sobre drogas entre a poboación xuvenil, favorecendo a toma de conciencia da problemática que xera o seu uso ou abuso.
- Formar aos e ás mediadoras xuvenís en prevención en drogodependencias.
Estratexias
- Formación en drogodependencias de mediadores e mediadoras xuvenís que forman parte de asociacións ás que asisten a xuventude.
- Difusión de guías, folletos, carteis informativos.
- Impartición nas autoescolas de charlas ou talleres informativos sobre o impacto dos consumos de alcohol e outras drogas na seguridade viaria, dirixidas á mocidade que aspiran á obtención do permiso de circulación, en caso de formar un grupo mínimo de 10 alumnos ou alumnas.
5. Promover a adopción de estilos saudables entre a poboación traballadora, e reducir a incidencia dos problemas sociosanitarios relacionados co uso de drogas no medio laboral
Obxectivos específicos
- Facilitar a implementación de actuacións destinadas á prevención de consumos de drogas e os danos asociados aos mesmos, integradas nos plans de prevención de riscos laborais
- Reducir a prevalencia dos consumos de drogas entre os traballadores e as traballadoras.
- Reducir comportamentos de risco, entre á poboación traballadora, asociados ao consumo de drogas (conducción de vehículos, manipulación de máquinas, etc.)
- Conseguir que se respecte a normativa en materia de consumo de drogas no ámbito de traballo.
- Facilitar información e orientación á poboación traballadora con consumos problemáticos que permitan a derivación a un centro especializado para o seu tratamento.
Estratexias
- Sensibilización das direccións das empresas e persoas responsables de prevención de riscos laborais e de saúde laboral sobre o impacto dos consumos de drogas nestes ámbitos.
- Apoio, mediante o asesoramento técnico, para o establecemento de programas de prevención nas empresas.
- Formación de persoas mediadoras laborais na prevención (persoal dos comités de seguridade e saúde, departamentos de recursos humanos, servizos de prevención e saúde laboral…).
- Realización de talleres dirixidos a traballadores e traballadoras onde se lles informe sobre os riscos do consumo de alcohol, tabaco ou outras drogas.
- Difusión de guías informativas sobre as drogas e os efectos e riscos asociados ao seu uso.
- Difusión de guías informativas que lles permita a traballadores e traballadoras o autorrecoñecemento das conductas de abuso de drogas e favoreza a petición de axuda.
- Información sobre os recursos asistenciais dispoñibles e asesoramento para o manexo dos problemas de abuso ou dependencia ás drogas.
- Sensibilización e formación dos e das profesionais do sector da hostelería e lecer para potenciar un consumo de alcohol responsable, para que non vendan ou sirvan alcohol á poboación menor de idade, para que traten de erradicar o trapicheo nos seus locais e saiban actuar en caso de emerxencia por causa do consumo de sustancias.
6. Potenciar a consideración das diferencias existentes nas pautas de consumo de drogas das mulleres e dos homes
Obxectivos específicos
- Reducir a prevalencia de consumo de drogas entre as mulleres.
- Mellorar a información das mulleres sobre as diferentes drogas, os seus efectos e consecuencias.
- Mellorar as intervencións asistenciais coas mulleres con problemas derivados do consumo de drogas.
Estratexias
- Realización de talleres para a prevención do consumo de drogas, dirixidos a mulleres, e que teñan en consideración a perspectiva de xénero.
- Difusión de materiais de prevención específicos para mulleres.
- Potenciar a implicación das e dos profesionais sanitarios na sensibilización e na prevención dos danos ocasionados polo consumo de drogas nas mulleres durante a xestación e lactancia
7. Formación dos mediadores e das mediadoras sociais como axentes preventivos
Obxectivos específicos
- Mellorar a información sobre drogodependencias que posúe a poboación diana.
- Motivar a implicación activa dos e das mediadoras sociais no desenvolvemento de programas de prevención en diferentes ámbitos.
Estratexias
- Formación en prevención de persoas que poden exercer unha función mediadora na prevención de drogodependencias: educadores/as sociais, profesionais da educación, da saúde, de servizos sociais, voluntariado, monitores/as deportivos, persoas integrantes de asociacións, de ONGs, policía local…
Para levar a cabo todas as accións preventivas anteriormente descritas débense ter en conta todos os recursos existentes na comunidade. Isto conleva unha estratexia global, contemplando e coordinando as actuacións levadas a cabo polos recursos comunitarios nos distintos colectivos (familiar, escolar, asociativo, laboral…), có fin de conseguir unha intervención coherente e eficaz no ámbito territorial.