Oficina técnica do
PLDA
Órgano para a xestión da actividade do PLDA, con recursos
humanos e materiais provistos polo Concello de Vigo. Depende da
dirección técnica do PLDA. O persoal técnico pode desenvolver
algunhas labores propias da figura da dirección, cando por
delegación así se considere.
Funcións xerais:
- Observatorio permanente da realidade
- Facilitar a participación e
coordinación entre entidades do PLDA
- Coordinación institucional
entre entidades e administracións
- Implantación de programas
integrados
- Equipo de prevención
Obxectivos xerais:
APOIO TÉCNICO
Encargada de articular os medios
e medidas para que a labor do PLDA se faga seguindo as directrices
marcadas polo documento de referencia.
Obxectivos
específicos:
- Facilitar apoio técnico ás entidades do
PLDA
- Elaborar publicacións e materiais técnicos
- Promover accións
formativas e de investigación
COORDINACIÓN
Para participación e
colaboración entre as distintas entidades que o compoñen,
unificando actuacións, unidade representativa da promoción da saúde
na cidade de Vigo.
Obxectivos específicos:
- Canalizar a información de interese para as entidades do
PLDA
- Promover a converxencia de criterios entre as entidades do
PLDA
- Xestionar a actividade ordinaria dos órganos colexiados de
participación, actuando como secretaría técnica dos mesmos
PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN
Cara a outros e outras profesionais, ás administracións e
institucións implicadas, e a poboación en xeral.
Obxectivos específicos:
- Elaboración e difusión de materiais
que recollan a actividade desenvolvida polo PLDA
- Promoción da
participación comunitaria
- Mellora dos recursos técnicos e
financeiros
EQUIPO DE PREVENCIÓN
Encargado de xestionar os
programas de prevención de conductas adictivas do Concello de Vigo.
Obxectivos específicos:
- Detectar as necesidades
de intervención
- Deseñar e elaborar os programa de
prevención
- Difundir a oferta preventiva
- Distribuir e coordinar a
execución dos programas
- Avaliar os resultados