Oficina técnica do PLDA
 
Órgano para a xestión da actividade do PLDA, con recursos humanos e materiais provistos polo Concello de Vigo. Depende da dirección técnica do PLDA. O persoal técnico pode desenvolver algunhas labores propias da figura da dirección, cando por delegación así se considere.
 
Funcións xerais:
  • Observatorio permanente da realidade
  • Facilitar a participación e coordinación entre entidades do PLDA
  • Coordinación institucional entre entidades e administracións
  • Implantación de programas integrados
  • Equipo de prevención
 
Obxectivos xerais:
 
APOIO TÉCNICO
Encargada de articular os medios e medidas para que a labor do PLDA se faga seguindo as directrices marcadas polo documento de referencia.
Obxectivos específicos:
  • Facilitar apoio técnico ás entidades do PLDA
  • Elaborar publicacións e materiais técnicos
  • Promover accións formativas e de investigación
 
COORDINACIÓN
Para participación e colaboración entre as distintas entidades que o compoñen, unificando actuacións, unidade representativa da promoción da saúde na cidade de Vigo.
Obxectivos específicos:
  • Canalizar a información de interese para as entidades do PLDA
  • Promover a converxencia de criterios entre as entidades do PLDA
  • Xestionar a actividade ordinaria dos órganos colexiados de participación, actuando como secretaría técnica dos mesmos
 
PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN
Cara a outros e outras profesionais, ás administracións e institucións implicadas, e a poboación en xeral.
Obxectivos específicos:
  • Elaboración e difusión de materiais que recollan a actividade desenvolvida polo PLDA
  • Promoción da participación comunitaria
  • Mellora dos recursos técnicos e financeiros
 
EQUIPO DE PREVENCIÓN
Encargado de xestionar os programas de prevención de conductas adictivas do Concello de Vigo.
Obxectivos específicos:
  • Detectar as necesidades de intervención
  • Deseñar e elaborar os programa de prevención
  • Difundir a oferta preventiva
  • Distribuir e coordinar a execución dos programas
  • Avaliar os resultados
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.