Organigrama funcional da estrutura do PLDA 
 
 
 
 
Órganos colexiados do PLDA
 
Presidencia do PLDA
 
Órgano unipersonal de representación institucional, que desempeña a persoa titular da Concellería á que se adscribe o PLDA.
As súas funcións son:
  • Representación institucional do PLDA de Vigo
  • Presidencia dos órganos colexiados de participación
  • Dirección institucional do PLDA.
 
Dirección técnica do PLDA
 
Órgano unipersonal de dirección técnica, desempeñado pola persoa que designe a Presidencia do PLDA.
As súas funcións son:
  • Dirección xeral dá actividade do plan
  • Supervisión xeral e impulso da actividade dos grupos de traballo do Plan
  • Dirección da Oficina técnica e do seu persoal.
  • Representación técnica superior do Plan
 
Oficina técnica do PLDA
 
Órgano para a xestión da actividade do PLDA, con recursos humanos e materiais provistos polo Concello de Vigo. Depende da dirección técnica do PLDA. O persoal técnico pode desenvolver algunhas labores propias da figura da dirección, cando por delegación así se considere.
As suas funcións xerais son:
  • Observatorio permanente da realidade.
  • Facilitar a participación e coordinación entre entidades do PLDA.
  • Coordinación institucional entre entidades e administracións
  • Implantación de programas integrados
  • Equipo de prevención
 
Comisións técnicas de traballo
 
Órganos de participación compostos polo persoal técnico en representación do Concello de Vigo e das entidades colaboradoras do PLDA, para cada unha das áreas de intervención do PLDA
  • Comisión técnica de organización
  • Comisión técnica de prevención
  • Comisión técnica de asistencia
  • Comisión técnica de incorporación
 
Grupos de traballo
 
Cando se considere necesario, pódense organizar grupos de traballo para a abordaxe de temas de carácter transversal ou de outra natureza que aconsellen un tratamento singularizado.
 
Comisión Permanente
 
Órgano de xestión ordinaria, integrado polas persoas representantes de cada unha das comisións de traballo de prevención, asistencia e incorporación, a dirección técnica e a presidencia do PLDA, asistidas polo persoal da oficina técnica.
As súas funcións principais son:
  • Impulsar o desenvolvemento xeral dos obxectivos do PLDA
  • Coordinar a actividade das comisións de traballo
  • Xestionar a actividade ordinaria do PLDA
  • Avaliar os resultados das accións e estratexias desenvolvidos
  • Consensuar os novos obxectivos do PLDA
 
Plenario do PLDA
 
Órgano de representación plenaria, para a toma de decisións estratéxicas, a avaliación e a aprobación da actividade xeral do PLDA. Está integrado por todas as persoas integrantes das comisións técnicas de traballo, a dirección técnica, e a presidencia do PLDA, asistidas polo persoal da oficina técnica.
As súas principais funcións son:
  • Aprobar e modificar os obxectivos e estratexias do PLDA
  • Aprobar as altas e baixas de entidades do PLDA
  • Aprobar as normativas de réxime interno e resolver os conflictos sobre a súa interpretación
  • Supervisar e aprobar a xestión dos organos colexiados de participación
  • Aprobar dictámenes sobre os conflictos que xurdan entre as entidades do PLDA
  

Outros instrumentos para o desenvolvemento do PLDA

 
Servizo de Benestar Social
Estructura xeneralista do Concello de Vigo, encargada de xestionar o conxunto das actuacións relacionadas co Plan, ben sexa directamente, a través da oficina técnica do PLDA ou de forma indirecta por medio de convenios ou acordos con outras entidades e/ou administracións.
 
CEDRO
Centro asistencial de drogodependencias dependente do Concello de Vigo que desenvolve distintos programas de asistencia.
 
Comisión Interdepartamental
Conformada polo persoal técnico de departamentos municipais directa ou indirectamente vencellados co tema da saúde e coa mesma composición e obxectivos recollidos no Plan 2002-2004.
 
Financiamento
Mediante unha partida específica no orzamento municipal para o desenvolvemento dos contidos do Plan Local. O Concello de Vigo promoverá tamén a formalización de acordos ou convenios con outras administracións e institucións públicas e privadas para o cofinanzamento dos programas e accións.
 
Biblioteca e centro de documentación
Cun soporte físico nas dependencias da Oficina Técnica Municipal do PLDA e coa creación dun Centro de Documentación virtual, mediante a selección e posta a disposición de documentos en formato electrónico.
 
Lista de distribución electrónica
Moderada e aberta a todos e todas os/as profesionais que integran as entidades do PLDA
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.