Plan Comunitario de Teis (PCT) é unha asociación que funciona como coordinadora de barrio, na que teñen cabida todos os colectivos (veciñais, anpas, xuvenis, deportivas, culturais...). O PCT foi constituido no ano 1994 como unha coordinadora que tenta aunar os esforzos de asociacións de todo tipo para velar polos intereses do barrio de Teis. Toda a súa programación ten como finalidade a implicación da comunidade nas actuacións de carácter preventivo en xeral e de conductas adictivas en particular, así como de incorporación social. Trátase de ofertar alternativas desde os propios recursos do barrio, coa finalidade de mellorar a calidade de vida da poboación en xeral tentando implicar á comunidade na resolución dos seus propios problemas. O PCT funciona por medio das comisións de: saúde e educación; cultura, tempo libre e deportes; medioambiente e urbanismo.

 

r/ Coutadas, 59
36207 Vigo
Tlf.: 986 281670
Fax: 986 281 670
planteis@yahoo.es
 
 
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.