A prevención de condutas adictivas é unha das principais áreas de traballo do III PLDA 2011-2016 de Vigo.
O PROXECTO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS E CONDUTAS ADICTIVAS NO EIDO LOCAL DE CONCELLO DE VIGO é resultado do traballo conxunto coas entidades
colaboradoras do PLDA para desenvolver unha estratexia común e
integral de prevención de condutas adictivas na cidade, baseada nas
directrices da Guía de procesos preventivos e carteira de servizos
en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas (Xunta de
Galicia, 2008) e os Instrumentos para a avaliación dos programas
incluídos na carteira de servizos en materia de prevención de
drogodependencias (Xunta de Galicia, 2011)
A oficina do PLDA - equipo de prevención, encárgase de xestionar o plan integral de prevención de condutas
adictivas para a cidade de Vigo, cos obxectivos seguintes:
- Detectar
necesidades de intervención
- Deseñar e elaborar programas de
prevención
- Difundir a oferta preventiva
- Distribuír e
coordinar a execución de programas
- Avaliar resultados
ACTIVIDADE PROGRAMADA PARA O PERIODO 2019 – 2022
- "Programa de prevención do consumo
de drogas no ámbito educativo. PPCDE” (prevención universal)
- "Información - sensibilización" (prevención universal)
- "Cine e saúde” (prevención
universal)
- "Non pasa nada, ¿pasa algo?”
(prevención selectiva)
- "Odisea" (prevención selectiva)
- "Máis que un teito” (prevención
universal)
- "En familia todos contan”
(prevención selectiva)
- "Entre todos” (prevención
indicada)
- "Activa” (prevención universal)
- "Cambio de sentido” (prevención do
consumo de alcohol e outras drogas na conducción de vehículos)
- "Ao alcance” (prevención universal
do consumo de drogas no ámbito laboral)
- "Penélope” (prevención do consumo
de drogas en clave de xénero)
- "Información/ sensibilización sobre
drogas” (prevención universal)
- "Formación de mediadores/as sociais
en prevención”