Eventos

Seminario - Diagnóstico participativo sobre dereito á saúde e vivenda, con enfoque de xénero e saúde mental.

10
NOV
2017

Seminario - Diagnóstico participativo sobre dereito á saúde e vivenda, con enfoque de xénero e saúde mental.


Lugar : Vigo
Data:
  • 10 de novembro de 2017

Horario:
  • 12:00 a 14:00

Lugar:
  • Oficina Plan Local sobre drogodependencias e outras adiccións. R/ Quintela 31. Vigo.

Ponentes:
  • Iria Gippini. Coordinadora autonómica Médicos do Mundo Galicia
  • Olalla Villaronga Seoane. Psicóloga e responsable da elaboración do diagnóstico.
 
Programa:
 
O diagnóstico recolle os resultados e as conclusións derivadas da análise dos problemas e necesidades que as persoas en situación de exclusión social, usuarias de drogas e sen fogar teñen en relación ao dereito á saúde e vivenda.

A realización deste diagnóstico enmárcase no programa de intervención con persoas usuarias de drogas e/o sen fogar que Médicos do Mundo desenvolve en Vigo, coa finalidade de permitir un maior coñecemento das dificultades que os/as participantes no programa poden atopar con respecto ao acceso e permanencia aos servizos e recursos do sistema sanitario, social e de protección contra a violencia machista. Asemade, a través deste diagnóstico realizamos unha aproximación á situación das persoas que consideramos altamentente vulnerábeis, isto é, persoas con problemas de saúde mental e mulleres usuarias de drogas.

O diagnóstico resultante ten unha finalidade descriptiva e analítica, mais tamen pretende ser unha ferramenta útil de cara a elaboración de propostas de complementariedade co resto dos servizos, recursos e entidades de ámbito local, por iso, a tarefa de devolución é fundamental no proceso de retroalimentación.

Médicos do Mundo invita ás persoas/entidades que tiveron participado deste traballo á devolución correspondente, así como a outras entidades susceptibles do aproveitamento da actividade.
 
Inscrición:
  • No formulario seguinte, ata completar aforo
  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.