O consumo de drogas constitúe un dos problemas máis importantes aos que se enfronta a sociedade actual, pola súa extensión e graves consecuencias a nivel individual, familiar e social.

O PLDA de Vigo desenvolve, mediante colaboración entre as administracións e as diversas entidades que traballan no ámbito das adiccións, un conxunto de programas e intervencións estructuradas, planificadas e coordinadas para o abordaxe desta complexa problemática na nosa cidade.

Esta web quere ser un punto de referencia para informarse, participar e acceder a unha ampla variedade de recursos dispoñibles en Vigo para atender as diferentes necesidades en materia de condutas adictivas.
 

EVENTOS DE INTERESE

Noticias

  • 14
    OCT
    2019
    O PLDA anuncia a celebración das súas XII Xornadas o próximo 22 de novembro. Nesta ocasión, baixo o lema "Cara a novos horizontes", preténdese adiantar a principais liñas estratéxícas do próximo plan local sobre adiccións e reflexionar sobre diversas cuestións de actualidade neste ámbito
  • 09
    OCT
    2019
    O Día Mundial da Saúde Mental, que se celebra o 10 de outubro, é unha oportunidade para concienciar e mobilizar á poboación acerca de cuestións relativas á saúde mental. Nesta ocasión, a xornada centrarase na prevención do suicidio.


  • 04
    OCT
    2019
    A xornada está organizada por CEDRO, a Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo.
    Máis dun centenar de expertos do ámbito da saúde mental e as adiccións de Galicia e norte de Portugal participarán o próximo 18 de outubro na 9ª Xornada de neuropsicoloxía e rehabilitación neurocognitiva que se celebra no Museo Verbum.
  • 01
    OCT
    2019
    A Comisión de Xénero e Intervención Social da Asociación Erguete, organiza unha palestra sobre "As opresións patriarcais sobre a saúde das mulleres", impartida por Lola Ferreiro Díaz o martes 8 de outubro ás 12 horas na súa sede, na rúa Martinez Garrido 25
     
  • 11
    SEP
    2019
    A Fundación Érguete – Integración desenvolve, en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, unha Xornada dedicada á muller e a súa relación co mercado de traballo dende a experiencia da entidade durante os seus 20 anos de historia no ámbito da formación e o emprego.
  • 10
    SEP
    2019
    Aberto o prazo de inscrición para participar na 9ª Xornada de Neuropsicoloxía e Rehabilitación Neurocognitiva en Drogodependencias que se celebrará en Vigo o próximo 18 de outubro. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse na web do PLDA ata o 06/10/19. 
    Máis información:
  • 22
    AGO
    2019
    A Fundación Érguete-Integración impartirá a formación de "Auxiliar de Comercio” en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Concello de Nigrán e Zona Franca. O vindeiro mes de setembro terá lugar o proceso de selección e dará comenzo a acción formativa no centro de negocios de Porto do Molle.
  • 19
    JUL
    2019
    Os pasados días 15 e 18 de xullo tivo lugar a primeira compra solidaria BIO en Vigo. Durante estas dúas xornadas levouse a cabo unha iniciativa cuxo obxectivo foi facer unha recollida de alimentos a favor das persoas usuarias do Programa Sísifo da Fundación Érguete-Integración.
  • 05
    JUL
    2019
    No mes de novembro celebrarase en Catoira a segunda edición do Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados: Saúde, educación e lei, coa participación dos relatores e profesionais máis destacados a nivel nacional e internacional. A actividade inclúe talleres formativos, conferencias, mesas redondas e outros espazos para comunicacións científicas e intercambio de experiencias profesionais.

  • 21
    MAY
    2019
    En 2019 a Fundación Érguete-Integración cumpre 20 anos. Con este motivo, o próximo 20 de xuño, no salón de actos do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo, celebrarase unha xornada conmemorativa á que se convida a todas as persoas que estean interesadas en coñecer a actividade da Fundación e compartir este día.
  • 07
    MAY
    2019
    A sociedade científica Socidrogalcohol organiza un curso online de formación básica e troncal en condutas adictivas para profesionais sociosanitarios. O obxectivo é ofrecer aos profesionais que traballan en adiccións, sexan da disciplina que sexan, unha formación básica e común para o todo o territorio español, que profunde nas condutas adictivas e as súas complicacións.
  • 25
    FEB
    2019
    Desde a súa constitución, o 4 de novembro de 1999, a Fundación Érguete-Integración vén traballando de forma ininterrompida para o apoio, axuda e asistencia ás persoas máis desfavorecidas no seu camiño á incorporación laboral e social, no intento de mellorar a situación daquelas persoas que pertencen aos colectivos máis vulnerables, a través de accións que fomentan a formación profesional, ocupacional e prelaboral, a reeducación, a incorporación social e laboral e a alfabetización.
  • 14
    FEB
    2019
    O día 9 de xaneiro lanzouse a nova campaña de sensibilización da FAD, co obxectivo de desmontar diferentes estereotipos que condicionan a mirada adulta sobre a xuventude. Estereotipos que, grazas ás investigacións realizadas polo Centro Reina Sofía da  FAD, sabemos que non son certos como, por exemplo, que non se comprometen socialmente; que non se esforzan, nin estudan, nin traballan;  ou que dedican todo o seu lecer a saír de festa, " desfasar” e consumir drogas.
  • 13
    FEB
    2019
    Abel Caballero presenta no Auditorio Municipal as xornadas técnicas de formación e dinamización para a prevención de condutas adictivas , organizadas polo PLDA, donde expertos e técnicos debaterán sobre as adiccións de todo tipo, incluídas as novas que están empezando, relacionadas coas novas tecnoloxías.
  • 15
    DIC
    2018
    A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas publicou o seu Plan de Acción sobre Adiccións 2018 - 2020, para o desenvolvemento da Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017 - 2024. O documento contempla 112 actividades que pretenden materializar 36 accións estratéxicas, distribuídas en 13 áreas de actuación.
     
  • 30
    AGO
    2018
    A organización do 1º Congreso Internacional sobre o Cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei, celebrado o pasado mes de novembro de 2017 en Catoira, acaba de publicar o libro de actas editado a partir dunha selección das comunicacións orais e póster presentados ao evento. No libro recóllense 25 estudos de diferentes grupos de investigación, sobre aspectos sanitarios, culturais, económicos e sociais/antropolóxicos do consumo do cannabis.
  • 28
    AGO
    2018
    O consumo de tabaco, alcol e outras drogas constitúen os principais factores de risco de anos perdidos por enfermidade ou morte prematura en homes, segundo un estudo sobre datos de 2016. No caso das mulleres, estes factores ocupan as posicións quinta e sexta, por detrás do índice de masa corporal elevado, presión sistólica elevada, riscos relacionados coa dieta e glicosa plasmática en xaxún elevada.
  • 07
    MAY
    2018
    Os grupos de Psiquiatría e Neurología do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur colaboran con CEDRO e outras Unidades Asistenciais de Drogodependencias de Galicia e norte de Portugal nun proxecto financiado polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade.
     
     
     
     
     
  • 09
    FEB
    2018
    O Goberno aprobou a primeira Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024, na que se priorizarán actuacións sobre os menores, as mulleres, e os  maiores de 64 anos. Unha das principais novidades é a introdución de actuacións fronte ás chamadas "adiccións sen substancia”, como as novas tecnoloxías, o xogo e os videoxogos.

Ler máis novas

  • Calle Quintela 31 | 36009 Vigo
  • Telefono: 986 276 008 | email: plda@vigo.org
  • Horario: de 8:00 a 15:00 horas.